![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/46/China_provinces.png/640px-China_provinces.png&w=640&q=50)
Provincias da República Popular da China
From Wikipedia, the free encyclopedia
As provincias (en chinés: 省, Shěng), anteriormente divisións administrativas de nivel provincial (en chinés: 省级行政区, Shěng Jí Xíngzhèngqū) ou divisións administrativas de primeiro nivel (en chinés: 一级行政区, Yī Jí Xíngzhèngqū), son as divisións territoriais de máis alto nivel na República Popular da China. Ten 34 divisións, clasificadas en 23 provincias (incluíndo a Provincia de Taiwán, que é reclamada pero non controlada pola República Popular da China[1]), catro concellos, cinco rexións autónomas, e dúas rexións administrativas especiais.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/46/China_provinces.png/320px-China_provinces.png)
![]() |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A República Popular da China reclama a soberanía sobre o territorio administrado pola República da China, considerándoa como a provincia de Taiwán. A República Popular tamén administra algunhas illas que forman parte de Fujian, Taiwán. Orixinalmente formaban parte da provincia unificada de Fujian, que dende a fin da Guerra civil chinesa en 1949 foi dividida entre os dous países.