Simplificación da escritura chinesa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A simplificación dos caracteres chineses é o proceso de reforma da escritura chinesa que tivo lugar na segunda metade do século XX, cando o goberno da República Popular da China promoveu a adopción dun sistema de caracteres simplificados (簡體字 jiǎntǐzì), que substituíu os caracteres tradicionais na China continental. Outras comunidades chinesas, en particular as de Taiwán, Hong Kong e Macau, continúan utilizando os caracteres tradicionais (繁體字 fántǐzì ou 正體字 zhèngtǐzì). A estas dúas formas alternativas de escribir o chinés chámanselles chinés simplificado e chinés tradicional respectivamente.
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Por simplicidade, neste artigo os termos en chinés aparecen soamente en caracteres tradicionais, seguidos da transcrición hànyǔ pīnyīn.