químico xaponés From Wikipedia, the free encyclopedia
Ryoji Noyori (野依良治?), nado o 3 de setembro de 1938 en Kōbe (神戸市 Kōbe-shi?) (Xapón), é un químico xaponés gañador do premio Nobel de Química en 2001. Noyori compartiu a metade do premio con William Standish Knowles polo estudo das hidroxenacións utilizando catalizadores quirales; a segunda metade do premio foi para K. Barry Sharpless polo seu estudo das reaccións de oxigenación utilizando catalizadores quirales.
Fascinouse coa química aos 12 anos, logo de escoitar unha presentación sobre o nailon. Viu no poder da química como ter a capacidade de "obter valores elevados a partir de case nada". Converteuse en estudante na Universidade de Kyoto onde se gradó en 1961, e se doutorou en enxeñería química en 1967.
Traballou como un instrutor no grupo de investigación de Hotosi Nozaki antes de ser nomeado profesor asociado na Universidade de Nagoya. Tras o traballo posdoutoral con Elias J. Corey en Harvard volveu a Nagoya, converténdose nun catedrático en 1972.
Actualmente segue vivindo en Nagoya, aínda que é tamén agora presidente de RIKEN (理研?), unha iniciativa de investigación nacional en varios lugares cun orzamento anual de 800 millóns de dólares estadounidenses.
Noyori cre firmemente no poder da catálisis e da química sostible; nun artigo recente defende a procura da "elegancia práctica en síntese".[1] Neste artigo afirma que "a nosa capacidade de concibir unha síntese química sinxela e práctica é imprescindible para a supervivencia das nosas especies." Noutro lugar dixo que "A investigación é para as nacións e a humanidade, non para os propios investigadores." Anima aos científicos a ser politicamente activos- "Os investigadores deben incitar opinións públicas e políticas gobernamentais cara á construción da sociedade sostible no século XXI.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.