From Wikipedia, the free encyclopedia
Ruth Prawer Jhabvala, nada en Colonia o 7 de maio de 1927 e finada en Nova York o 3 de abril de 2013, foi unha escritora e guionista británica-alemá[1] e estadounidense. É talvez máis coñecida pola súa longa colaboración coa Merchant Ivory Productions, formada polo cineasta James Ivory e o produtor Ismail Merchant.
Moitas das súas novelas están ambientados na India, como Heat and Dust, premiada co Booker Prize en 1975. É a única persoa que gañou tanto este premio como un Óscar.[2]
Jhabvala naceu en Alemaña oriúnda dunha familia de xudeus polacos e emigrou a Inglaterra coa súa familia en 1939.
Tras coñecer o arquitecto Cyrus Jhabvala in England, casou con el e foi marchou para a India en 1951.[3] A parella viviu en Delhi e tivo tres fillas, Ava, Firoza e Renana.[4][5] Jhabvala comezou entón a elaborar as súas experiencias na India e escribiu novelas e contos sobre temas indios.
En 1963, Jhabvala recibiu a encarga de James Ivory e Ismail Merchant para que escribise o guión para o seu primeiro filme, The Householder, baseado na súa novela de 1960. Máis adiante, Merchant dixo que durante o seu primeiro encontro, Jhabvala, tratando de evitalos, finxiu ser a asistenta da casa cando a visitaron. O filme, estreado por Merchant Ivory Productions en 1963 e protagonizado por Shashi Kapoor e Leela Naidu, recibiu eloxios da crítica e marcou o comezo dunha colaboración que deu lugar a máis de vinte filmes.[4]
En 1975 Jhabvala mudouse a Nova York e dividiu o seu tempo entre a India e os Estados Unidos. En 1986 converteuse en cidadá estadounidense.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.