From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha habitación con vistas[3] (en inglés: A Room with a View) é un filme británico de 1985, dirixido por James Ivory e producido por Ismail Merchant, baseado na novela homónima de E. M. Forster (1908). O filme segue fielmente a novela empregando os títulos dos capítulos para distinguir segmentos temáticos. Ambientada en Inglaterra e Italia, conta a historia dunha moza que vive na restritiva e represiva cultura eduardiana e o desenvolvemento do amor por un mozo de espírito libre. Está protagonizada por Helena Bonham Carter e Julian Sands e inclúe a Maggie Smith, Denholm Elliott, Daniel Day-Lewis, Judi Dench e Simon Callow en papeis secundarios.
Unha habitación con vistas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | A Room with a View |
Director | James Ivory |
Produtor | Ismail Merchant |
Guión | Ruth Prawer Jhabvala |
Baseado en | A Room with a View, de E. M. Forster |
Intérpretes | Maggie Smith Denholm Elliott Judi Dench Simon Callow Helena Bonham Carter Julian Sands Daniel Day-Lewis |
Música | Richard Robbins |
Fotografía | Tony Pierce-Roberts |
Montaxe | Humphrey Dixon |
Estudio | Merchant Ivory Productions Goldcrest Films Film Four International |
Distribuidora | Curzon Film Distributors |
Estrea | 13 de decembro de 1985 |
Duración | 117 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido |
Orzamento | 3 millóns de dólares[2] |
Recadación | 21 millóns de dólares |
Na rede | |
O filme foi un éxito de crítica e de público. Na 59ª edición dos Óscar foi candidato a oito premios incluíndo o de mellor filme e gañou tres: mellor guión adaptado, mellor dirección artística e mellor deseño de vestiario. Gañou tamén cinco premios BAFTA e un Globo de Ouro. En 1999, o British Film Institute colocou Unha habitación con vistas no posto 73 da súa lista dos cen mellores filmes do século XX.
Lucy Honeychurch e a súa prima Charlotte Bartlett pasan unhas vacacións en Florencia, onde ela se namora de George. Charlotte impide que o romance prospere. Lucy regresa a Inglaterra, onde se promete a un home chamado Cecil Vyse. A chegada de George á campiña provoca unha catarse nela.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.