cantante estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Veronica Yvette Greenfield,[1] nada o 10 de agosto de 1943 como Veronica Yvette Bennett e finada o 12 de xaneiro de 2022,[2] foi unha cantante estadounidense máis coñecida polo seu nome artístico, Ronnie Spector. Formou o grupo musical The Ronettes en 1957 xunto coa súa irmá máis vella, Estelle Bennett, e a súa curmá, Nedra Talley. Ronnie liderou o grupo durante o tempo que foi producido por Phil Spector, con quen casou en 1968 e se separou en 1972.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Veronica Yvette Bennett 10 de agosto de 1943 Nova York (Estados Unidos de América) |
Morte | 12 de xaneiro de 2022 (78 anos) Danbury (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | cancro |
Educación | George Washington Educational Campus (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 1959 - 2021 |
Membro de | |
Xénero artístico | Doo wop, música pop, Rhythm and blues e Soul |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Colpix Records (en) Columbia Records Philles Records Apple Records |
Familia | |
Cónxuxe | Phil Spector (1968–1972), divorcio |
Irmáns | Estelle Bennett |
Parentes | Nedra Talley, curmán |
Descrito pola fonte | Ronnie Spector, Who Brought Edge to Girl-Group Sound, Dies at 78 (en) |
Páxina web | ronniespector.com |
Bennett foi a voz principal de The Ronettes e durante os primeiros anos da década de 1960 tiveron grandes éxitos, como as cancións "Be My Baby" (1963), "Baby, I Love You" (1963), "The Best Part of Breakin' Up" (1964) e "Walking in the Rain" (1964). En 1964, comezou unha carreira en solitario co sinxelo "I'm So Young". Despois de 1980 publicou cinco álbums de estudio: Siren (1980), Unfinished Business (1987), Something's Gonna Happen (2003), Last of the Rock Stars (2006) e English Heart (2016). Tamén gravou unha versión estendida de She Talks to Rainbows (1999). En 1986, a súa carreira reviviu cando sacou a canción "Take Me Home Tonight" con Eddie Money.
Bennett foi alcumada en ocasións como a "moza mala do rock and roll" orixinal.[3][4] En 1990 publicou as súas memorias Be My Baby: How I Survived Mascara, Miniskirts, and Madness, Or, My Life as a Fabulous Ronette.[5] En 2007, foi incluída no Salón da Fama do Rock como membro de the Ronettes.[6]
Título | Notas | Máximo posto en listas | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nos Estados Unidos de América | |||||||||
Siren | – | ||||||||
Unfinished Business |
|
– | |||||||
The Last of the Rock Stars |
|
– | |||||||
English Heart |
|
6[15] | |||||||
"—" indica unha publicación que non acadou posto en listas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.