From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert Falcon Scott, nado en Devonport, preto de Plymouth o 6 de xuño de 1868 e finado na Antártida o 29 de marzo de 1912, foi un capitán británico da Royal Navy e explorador que dirixiu dúas expedicións á Antártida, a primeira comprendida entre 1900 e 1904, realizada a bordo do navío Discovery, travesía que lle permitiu descubrir no Mar de Ross a rexión que bautizou co nome de Terra do rei Eduardo VII. A segunda expedición, entre 1910 e 1912, a bordo do barco Terra-Nova é na que alcanzou o Polo sur o 17 de xaneiro de 1912, un mes despois que o explorador noruegués Roald Amundsen. Scott e os seus catro compañeiros da última etapa expedicionaria pereceron durante unha tormenta cando realizaban o camiño de volta. Os seus cadáveres e o diario da expedición foron atopados o 12 de novembro de 1912.
O capitán Robert Falcon Scott | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1868 Devonport |
Morte | 29 de marzo de 1912 Barreira de Ross |
Causa da morte | hipotermia (pt) caquexia |
País de nacionalidade | Británico |
Educación | Stubbington House School (en) (1880–) |
Actividade | |
Ocupación | Exploración polar |
Carreira militar | |
Rama militar | Royal Navy |
Rango militar | capitán |
Participou en | |
1 de xuño de 1910 | Expedição Terra Nova (pt) |
1901 | Expedição Discovery (pt) |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Kathleen Scott |
Fillos | Peter Scott |
Pais | John Edward Scott e Hannah Cuming |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Obálky knih, Medvik >>>:Scott, Robert Falcon, 1868-1912, |
Scott foi o terceiro do cinco fillos de John e Hannah Scott. Seu pai era propietario dunha cervexaría, pero a vocación mariñeira da familia viña de vello, de modo que en 1881, tras terminar os seus estudos e aconsellado polo pai pai, Robert Falcon Scott enrolouse na Royal Navy.
Comezou a súa carreira como cadete no buque escola HMS Britannia, para posteriormente permanecer 4 anos no Boadicea. En 1887 foi trasladado ao HMS Rover e a seguir foi ascendido a subtenente e en consecuencia trasladado ao HMS Spider. En 1891 Scott superou os exames no Royal Naval College, o que lle permitiu ascender a tenente, sendo destinado ao HMS Amphion, como especialista en torpedos. En 1892 alcanza o grao de Primeiro Tenente a bordo do HMS Majestic, que daquela era o buque insignia da frota da Canle da Mancha.
Scott coñeceu a Ernest Shackleton na Expedición Discovery. Este serviu na expedición como terceiro tenente de Scott. Shackleton foi enviado de volta a casa antes de finalizar a Expedición Discovery (no primeiro barco de substitución) porque se atopaba enfermo, tal e como afirmou Scott, e non por mor dunha mala relación entre ambos. Scott e Shackleton organizaron e lideraron por separado outras expedicións e si que competiron entón entre eles a fin de conseguir o financiamento e o persoal experimentado que necesitaban.
Daquela considerábase que o primeiro explorador que alcanzase un territorio salvaxe obtiña dereitos territoriais sobre calquera outra exploración posterior nese territorio. Así, Shackleton prometera a Scott que non utilizaría a base establecida pola Expedición Discovery en McMurdo Sound, pero en 1907 as circunstancias obrigaron a que rompense a súa promesa, feito que Scott lembraría con resentimento. O mesmo sentimento de propiedade sería a raíz do enfrontamento entre Scott e Roald Amundsen en 1911 e que deu en chamarse "Dash to the Pole" (A Carreira polo Polo). O británico consideraba que a súa anterior expedición déralle o dereito de ser o primeiro en alcanzar o Polo sur e por tanto, Amundsen pretendía alcanzar unha meta que non lle correspondía. Scott tamén se mostraba resentido polo feito de Amundsen non declarase o seu verdadeiro obxectivo ao comezo da súa viaxe, o que foi considerado como unha xogada sucia. Cómpre salientar que Scott non quixo utilizar cans na súa segunda expedición, senón ponys, por unha triste experiencia anterior, cando tivo que sacrificar os seus cans porque estes inxeriran peixe envelenado. Amundsen si utilizou cans, levou máis cans que comida para eles, co plan de que -chegado o momento- alimentaría a parte dos cans con outros cans; este sacrificio premeditado non estaba no espírito de Scott.
Scott foi condecorado postumamente coa Orde do Imperio Británico. Unha estatua del feita pola súa muller, Kathleen, escultora, foi erixida en Londres. Actualmente, a Estación Amundsen-Scott é unha homenaxe conxunta a el e ao seu rival.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Robert Falcon Scott |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.