Remove ads
mar From Wikipedia, the free encyclopedia
O canal da Mancha (inglés: English Channel, francés: la Manche, alemán: Ärmelkanal, bretón: Mor Breizh, córnico: Mor Bretannek, neerlandés: Het Kanaal) [1] é a parte do océano Atlántico que separa a illa principal da Gran Bretaña do norte da Francia e une o mar do Norte ao Atlántico e que se estende por unha superficie duns 75.000 km², comunicando o mar do Norte polo paso de Calais polo leste e o océano Atlántico polo oeste.
(en) English Channel (fr) Manche | ||||
Tipo | estreito mar | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Inglaterra, Bretaña e Gran Bretaña | |||
Parte de | océano Atlántico Norte | |||
Situado na entidade xeográfica | Mar do Norte | |||
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
País da cunca | Reino Unido e Francia | |||
| ||||
Bañado por | océano Atlántico Norte | |||
Conca hidrográfica | English Channel basin (en) | |||
Características | ||||
Profundidade | 180 m | |||
Dimensións | 34 () m × 34.000 () km × 560 () km | |||
Ten aproximadamente 563 km de lonxitude e unha anchura de 240 km na parte máis ancha e de apenas 34 km no seu punto máis estreito, entre Dover e o cabo Griz-Nez. A profundidade máxima é de 172 metros.
A circulación marítima na canle da Mancha é das máis intensas do mundo, con máis de 250 navíos por día, o que supón un cuarto do tráfico marítimo mundial. A esa circulación intensa superponse a dos ferries que ligan Francia e Inglaterra por vía marítima. Dende que foi inaugurado o 6 de maio de 1994, o Eurotúnel constitúe unha excelente e rápida alternativa de viaxe, ao permitir a comunicación ferroviaria entre Gran Bretaña e a Europa continental.
As Illas da Canle localízanse no interior da Canle da Manga, próximas ao lado francés. A illa de Ouessant é o punto de referencia da extremidade occidental da canle.
O departamento de Mancha -que incorpora a península do Cotentin, que avanza en dirección á canle- debe o seu nome á rexión marítima circunveciña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.