Riobó, A Estrada
parroquia civil do concello da Estrada From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello da Estrada From Wikipedia, the free encyclopedia
San Martiño de Riobó é unha parroquia do concello da Estrada, composta por 9 entidades de poboación. Segundo o IGE en 2009 tiña 226 persoas (118 homes e 108 mulleres), o que significa unha diminución con respecto a 1986, cando tiña 387 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 250 persoas.
Riobó | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Riobó. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°44′08″N 8°24′04″O |
Poboación | 198 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Riobó está situado a uns 10 quilómetros da Estrada, na zona do Ulla. Recibe o nome do río que a cruza, o río Boo.
Limita ó norte con Arnois e Oca; ó sur con Ancorados e Remesar; ó leste con Remesar e Oca; e ó oeste con Berres.
Entre as súas vías de comunicación conta coa estrada de Callobre a Ponte Ledesma, e varios camiños rurais, como a ponte de Riobó na Estrada e os pontillóns de Barcia, Portecelo, Lamas entre as Penas e Remesar, e Pardiñeira entre San Martín e Pena.
A festa patronal celébrase o 11 de novembro, e tamén se celebra San Blas o 3 de febreiro.
Lugares da parroquia de Riobó no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
O Alderido | Barcia | Os Besteiros | As Cancelas | A Castiñeira | A Mota | A Pena | Portecelo | O Río | San Martiño |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.