químico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Richard R. Schrock, nado o 4 de xaneiro de 1945 en Berne, Indiana, Estados Unidos, é un químico e profesor universitario estadounidense galardonato co Premio Nobel de Química do ano 2005.
Cursou química nas universidades de California ( licenciouse en 1967) e Harvard, onde se doutorou en 1971, e realizou os seus estudos posdotorales na Universidade de Cambridge (Gran Bretaña).
En 1972 foi contratado pola compañía química E. I. DuPont de Nemours and Company, onde formou parte do grupo investigador de George Parshall.
Tres anos despois entrou no prestixioso Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde se converteu en profesor en 1980 e segue exercendo a súa actividade docente.
Entre os galardóns que logrou ao longo da súa carreira figuran os premios en Química Inorgánica e Química Organometálica da Sociedade Química Americana.
Xunto ao francés Yves Chauvin e o tamén estadounidense Robert H. Grubbs, gañou o Premio Nobel de Química de 2005 polo seu traballo no campo da metátesis olefínica, especialmente realizada acerca dos alcenos.
O día 11 de novembro de 2011 estivo en Fisterra invitado polo físico baiense Jorge Mira[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.