Revolta de Bar Kokhba
From Wikipedia, the free encyclopedia
A revolta de Bar Kokhba (hebreo: מרד בר כוכבא; Mered Bar Kokhba) foi unha rebelión dos xudeus da provincia Romana de Xudea, liderada por Simón bar Kokhba, contra o Imperio Romano. Tivo lugar entre os anos 132-136,[1] e foi a última das tres grandes guerras xudeu-romanas, por iso tamén é coñecida como a Terceira Guerra xudeu–romana ou a Terceira Revolta xudía. Algúns historiadores tamén se refiren a ela como a Segunda Revolta de Xudea, sen contar a guerra de Kitos (115-117), que tivo un carácter marxinal na rexión de Xudea.
Revolta de Bar Kokhba | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerras xudeu-romanas | |||||||||||
Entrada á cova na que se refuxiaron os rebeldes de bar Kokhba | |||||||||||
| |||||||||||
Belixerantes | |||||||||||
Imperio romano | Rebeldes xudeus | ||||||||||
Líderes | |||||||||||
Hadriano Quinto Tineyo Rufo Sextus Julius Severus Publicio Marcelo Haterio Nepos Quinto Lolio Urbico |
Simón bar Kokhba † Akiva ben Iosef | ||||||||||
Forzas en combate | |||||||||||
Legio X Fretensis Legio VI Ferrata Legio IX Hispana? Legio III Cyrenaica Legio XXII Deiotariana Legio X Gemina 12 lexións: 60-120.000 homes |
200 000 xudeus 100 000 sirios e árabes | ||||||||||
Baixas | |||||||||||
Legio XXII Deiotariana, resto descoñecido | 580 000 xudeus (maioritariamente baixas civís); 50 cidades fortificadas e 985 aldeas arrasadas (segundo Dión Casio) |
A revolta estoupou como consecuencia das tensións políticas e relixiosas na provincia romana de Xudea tralo fracaso da primeira revolta nos anos 66-73. Estas aumento da tensión debeuse ao aumento da presenza romana en Xudea, cambios na vida administrativa e na economía, xunto ao estoupido e supresión das revoltas xudías en Mesopotamia, Libia e a Cirenaica.[2] As razóns máis próximas semellan centrarse na construción dunha nova cidade, Aelia Capitolina, sobre as ruínas de Xerusalén e a construción dun templo en honra ao deus Xúpiter sobre o Monte do Templo.[3] Os Pais da Igrexa e a literatura rabínica inciden no papel de Rufus, o gobernador de Xudea, como causa da revolta.[4]
No 132, a revolta liderada por Simón bar Kokhba estendeuse rapidamente desde Modi'in por toda a rexión, interrompendo a gornición romana en Xerusalén.[5] Quintus Tineius Rufus foi o gobernador durante a primeira fase da revolta, e a el atribúese o fracaso de deter o seu avance. Os últimos rexistros sobre Rufus son do ano 132, descoñecéndose se morreu o foi substituído. A pesar da chegada dun número significativo de reforzos desde as provincias romanas de Siria, Exipto e Arabia, as vitorias rebeldes sobre os romanos estableceron un estado independente en Israel sobre a maior parte da provincia de Xudea durante dous anos, e o propio Bar Kokhba tomou o título de Nasi ("príncipe"). Simón bar Kokhba, o líder da revolta, foi recoñecido por moitos dos xudeus como o Mesías, que restauraría a súa independencia nacional.[6] Isto provocou que o emperador Hadriano reunira un gran número forzas de todo o imperio para a invasión de Xudea no ano 134, baixo o mando do xeneral romano Sextus Julius Severus. O exército romano estaba composto de seis lexións completas cos seus auxilias que finalmente lograron acabar coa revolta.[7]