Legio X Gemina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Legio X Gemina,[Nota 1] foi unha lexión romana recrutada cara ao ano -70 na Galia Cisalpina e enviada á Galia Narbonense como gornición de defensa desta provincia. As probas atopadas no seu campamento de Vindobona [Nota 2] e o descrito na Notitia dignitatum indican que a súa existencia se prolongou até comezos do século V. Como case todas as lexións de Xulio César, o seu símbolo foi o touro. Inicialmente esta lexión levou o sobrenome de Equestris[1] debido a que Xulio César a utilizou unha vez como cabalaría; tamén foi coñecida como Legio X Venerea,[2] xa que o propio Xulio César dicía que a gens Iulia descendía da deusa Venus.
Datos rápidos Legio X Gemina, Activa ...
Legio X Gemina | |
---|---|
Activa | Desde o -70 ata o século V. |
País | Antiga Roma |
Tipo | Lexión romana |
Tamaño | Aproximadamente 5250 homes mais as unidades de apoio. |
Alcume(s) | Equestris, baixo César Venerea, en honor a César Gemina (desde -31 ou -30) Pia Fidelis (desde 89) Pia VI Fidelis VI (desde 260) |
Mascota(s) | Touro |
Enfrontamentos | Sitio de Xergovia Batalla de Alesia Batalla de Dirraquio Batalla de Farsalia Batalla de Munda Batalla de Accio Sitio de Lancia Rebelión dos bátavos Guerras dacias Guerras párticas Rebelión de Bar Kojba Guerra máurica Guerras marcomanas Guerras romano-xermánicas Batalla de Adrianópole |
Comandantes | |
Comandantes notables | Xulio César Marco Antonio |
Pechar