![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/64/Flag_of_Montenegro.svg/langgl-640px-Flag_of_Montenegro.svg.png&w=640&q=50)
Montenegro
país de Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Montenegro (/monteˈne.ɣɾo/; lit. "monte negro"; en montenegrino: Crna Gora[lower-alpha 1] / Црна Гора;[lower-alpha 2] en albanés: Mali i Zi)[1][2] é un estado situado nos Balcáns, ao sueste de Europa.[3] Linda ao norte con Bosnia e Hercegovina, con Serbia ao nordés, con Kosovo ao leste, con Albania ao sueste, con Croacia ao noroeste e co mar Adriático ao oeste, cunha costa de 293.5 km.[4] Podgorica é a capital do país, amais da súa cidade máis grande; abrangue 10,4% dos 13 812 km2 do territorio montenegrino, e alberga aproximadamente o 35% da súa poboación total, segundo datos de 2018, case uns 623 000 habitantes.[5] Cetinje é a antiga capital real e centro cultural de Montenegro, sendo esta a sede de moitas institucións nacionais, incluíndo a residencia oficial do presidente de Montenegro.
Crna Gora (cnr) Црна Гора (cnr) ![]() | |||||
Himno | Oj, svijetla majska zoro ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Lovćen ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Podgorica ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 622.359 (2018) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua montenegrina ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 13.812 km² ![]() | ||||
Bañado por | mar Adriático e Mar Mediterráneo ![]() | ||||
Punto máis alto | Zla Kolata (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | mar Adriático (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 3 de xuño de 2006 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Jakov Milatović (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano executivo | Government of Montenegro (en) ![]() ![]() | ||||
• Primeiro-ministro (pt) ![]() ![]() | Milojko Spajić (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento do Montenegro (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 5.861.430.526 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | euro ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .me ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +382 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 122, 123 e 124 ![]() | ||||
Código de país | ME ![]() | ||||
Código NUTS | ME ![]() | ||||
Páxina web | gov.me ![]() | ||||
![]() |
![]() |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Durante o período da Alta Idade Media, tres principados estaban situados no territorio do actual Montenegro: Duklja, que corresponde aproximadamente á metade sur, Travunia, ao oeste e Rascia propiamente dita, o norte.[6][7][8] O Principado de Zeta xurdiu nos séculos XIV e XV. Desde finais do século XIV ata finais do século XVIII, gran parte do sur de Montenegro estivo gobernada pola República de Venecia e incorporada á Albania Veneciana.[9] O nome Montenegro utilizouse por primeira vez para referirse ao país a finais do século XV. Despois de caer baixo o dominio otomán, Montenegro recuperou a súa independencia en 1696 baixo o goberno da Casa de Petrović-Njegoš, primeiro como teocracia e máis tarde como principado. A independencia de Montenegro recoñeceuse polas Grandes Potencias no Congreso de Berlín en 1878. En 1910, o país converteuse nun reino.
Dende o 4 de febreiro de 2003, despois da disolución de Iugoslavia, estableceuse como uns dos estados membros da Federación de Serbia e Montenegro, mais o 21 de maio de 2006 nun referendo o 55,5% da poboación votou pola independencia do país, sendo declarada oficialmente a independencia o 3 de xuño dese mesmo ano en Podgorica.