![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/23/Coat_of_arms_of_Montenegro.svg/langgl-640px-Coat_of_arms_of_Montenegro.svg.png&w=640&q=50)
Escudo de Montenegro
From Wikipedia, the free encyclopedia
A versión actual do escudo de armas de Montenegro adoptouse oficialmente polo parlamento o 12 de xullo de 2004, substituíndo o escudo dos anos 1990. Como no caso dos escudos de Bulgaria, Xeorxia, Rusia e Serbia, en Montenegro recuperáronse elementos heráldicos propios da monarquía (do Reino de Montenegro) a pesar de que esta non foi restaurada.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/23/Coat_of_arms_of_Montenegro.svg/320px-Coat_of_arms_of_Montenegro.svg.png)
O escudo está formado por unha aguia bicéfala de ouro, con pico e garras do mesmo metal e linguada de goles. A aguia sostén sobre o seu peito un brasón que estivo vinculado coa Casa Petrović, é un campo partido por unha faixa de ouro. Na súa partición superior que é de maior tamaño, de azur, un león pasante de ouro; a inferior, de sinople. A aguia sostén coas súas garras un cetro de ouro e un orbe de azur, co seu ecuador e semi-meridiano de ouro, rematado cunha cruz do mesmo metal. Sobre as cabezas da aguia, unha coroa real pechada, de ouro. O escudo aparece no centro da bandeira de Montenegro.