Serbia e Montenegro
estado federal nos Balcáns entre 2003 e 2006 From Wikipedia, the free encyclopedia
Serbia e Montenegro foi un estado federal situado nos Balcáns, descendente directo da Iugoslavia e composto polas repúblicas de Serbia e de Montenegro. Confinaba ao norte con Hungría, ao leste con Romanía e Bulgaria, ao sur coa Macedonia do Norte e Albania e ao oeste co mar Adriático (a través do cal contactaba con Italia), Bosnia e Hercegovina e Croacia. A capital do país era a cidade de Belgrado.
Државна заједница Србија и Црна Гора (sr-cyrl) Državna zajednica Srbija i Crna Gora (sr-latn) | |||||
Himno | Hej, Sloveni | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Belgrado | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.832.545 (2006) (105,84 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua serbia | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 102.350 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 2003 | ||||
Disolución | 4 de xuño de 2006 | ||||
Sucedido por | Serbia e Montenegro | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Moeda | dinar iugoslavo (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Código de país | sen valor e CS | ||||
Historia
No ano 2003 a República Federal de Iugoslavia composta por Serbia e Montenegro renovou a súa Carta Constitucional reestruturando o estado e mudando o nome por Unión dos Estados de Serbia e Montenegro. Porén dos cambios no estado, a bandeira, himno e escudo seguiron sendo os mesmos.
O 22 de maio de 2006 celebrouse en Montenegro un referendo no que os cidadáns montenegrinos residentes nesta república decidiron a independencia, o que levou á constitución dun estado propio e independente para Montenegro e á disolución da federación de Serbia e Montenegro.
Divisións administrativas
Serbia e Montenegro estaba composta de catro unidades políticas principais, dúas repúblicas e dúas provincias autónomas subordinadas:
- República de Serbia (con capital en Belgrado)
- Voivodina – provincia autónoma (capital: Novi Sad)
- Kosovo e Metohija – provincia autónoma. Baixo a administración das Nacións Unidas tras a Guerra de Kosovo. (capital: Priština)
- República de Montenegro (capital: Podgorica)
A organización territorial de Serbia estaba regulamentada pola Lei de Organización Territorial e Goberno Local, adoptada na Asemblea de Serbia o 24 de xullo de 1991. Baixo a Lei, os municipios, cidades e asentamentos establecían as bases da organización territorial.
Serbia estaba dividida en 195 municipios e 4 cidades, que eran as unidades básicas da autonomía local. Tiña dúas provincias autónomas Kosovo e Metohija no sur e Vojvodina no norte. A parte de Serbia que non forma parte destas dúas provincias é coñecida como Serbia Central.
Montenegro ten 21 municipios (Општина, opština), e dous municipios urbanos (градска општина, gradska opština), subdivisiónns do municipio de Podgorica.
Deporte
- Artigo principal: Serbia e Montenegro nos Xogos Olímpicos.
Festas en Serbia e Montenegro
Data | Nome |
---|---|
1 de xaneiro | Aninovo |
7 de xaneiro | Nadal ortodoxo |
27 de xaneiro | Día da Espiritualidade |
27 de abril | Día da Constitución |
(Varía co ano) | Venres Santo Ortodoxo |
(Varía co ano) | Semana Santa Ortodoxa |
(Varía co ano) | Luns de Pascua Ortodoxo |
1 de maio | Día do Traballo |
9 de maio | Día da Vitoria |
28 de xuño | Vidovdan (Día dos Mártires) |
- Só en Serbia
- 15 de febreiro - Sretenje (Día Nacional)
- Só Montenegro
- 13 de xullo - Día do Estado
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.