From Wikipedia, the free encyclopedia
Renaissance é unha banda inglesa de rock progresivo coñecida polo seu éxito de 1978 "Northern Lights", que entrou no top 10 británico, e por clásicos do rock progresivo como "Carpet of the Sun", "Mother Russia" e "Ashes Are Burning". O grupo desenvolveu un son único, combinando unha voz principal feminina coa fusión de influencias da música clásica, folk, rock e jazz.[1] Os elementos característicos do son de Renaissance son o amplo rango vocal de Annie Haslam, destacados acompañamentos de piano, arranxos orquestrais, harmonías vocais, guitarra acústica, baixo, sintetizadores, e un traballo de batería versátil. A banda creou un significativo culto no noroeste dos Estados Unidos nos anos 70, e esa rexión segue sendo a súa maior base de fans.
Renaissance | |
---|---|
Renaissance en 2012 | |
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1969 - 1987 1998 - 2002 2009 - presente |
Xénero(s) | rock progresivo |
Selo(s) discográfico(s) | Island, Sire, Warner Bros., Elektra, BTM, I.R.S., Giant Electric Pea, Illegal, Repertoire, HTD Records, Friday Music |
Membros | Annie Haslam Rave Tesar Mark Lambert Frank Pagano Leo Traversa Geoffrey Langley |
Na rede | |
renaissancetouring.com | |
A formación orixinal incluía a dous antigos membros de The Yardbirds, Keith Relf e Jim McCarty, xunto con John Hawken, Louis Cennamo e a irmá de Relf, Jane Relf. Tiñan a intención de poñer "algo xunto cunha influencia máis clásica".[2] Renaissance fundouse en 1969 e ese mesmo ano a banda lanzou o seu primeiro álbum, chegando o segundo en 1971. Despois, John Tout substituíu a Hawken nos teclados, seguido por un período de alta rotación de músicos ata que se estableceu a "formación clásica" composta por Annie Haslam, John Tout, Michael Dunford, Jon Camp, e Terry Sulliva, aínda que ningún deles estaba na formación orixinal. Foron axudados nas letras de moitas cancións pola poetisa de Cornualla Betty Thatcher-Newsinger. De 1972 a 1979 Renaissance editou sete exitosos álbums de estudio, xirou extensamente, e encheu tres noites seguidas o Carnegie Hall con Tony Cox dirixindo a New York Philharmonic.[1]
Os anos 80 foron unha época de escaseza para a banda, con cambios de persoal, e dous álbums de estudio pouco exitosos, facendo que Renaissance se separase en 1987. A mediados dos 90 existiron dúas ramificacións do grupo ao mesmo tempo. A banda reformouse en 1998 para gravar Tuscany, que finalmente foi lanzado en 2001; porén, separouse novamente no ano seguinte.
En 2009 anunciouse unha nova formación de Renaissance, liderada por Haslam e Dunford, e dende entón a banda continuou gravando e xirando. Dunford morreu en novembro de 2012. Despois, Haslam dixo que o grupo seguiría tocando. A formación durante a década de 2010 tendeu a ser non tan "inglesa" como a dos períodos anteriores, con cinco membros nacidos nos Estados Unidos e un en Inglaterra pero residente no país norteamericano.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Renaissance | 1969 | Island Records/Elektra Records |
Illusion | 1970 | Island Records |
Prologue | 1972 | Sovereign/Capitol Records |
Ashes Are Burning | 1973 | Sovereign/Capitol Records |
Turn of the Cards | 1974 | BTM, Sire Records, RCA Records |
Scheherazade and Other Stories | 1975 | BTM, Sire Records |
Novella | 1977 | Warner Bros. Records/Sire Records |
A Song for All Seasons | 1978 | Warner Bros. Records/Sire Records |
Azure d'Or | 1979 | Warner Bros. Records/Sire Records |
Camera Camera | 1981 | Illegal Records/I.R.S. Records |
Time-Line | 1983 | Illegal Records/I.R.S. Records |
Tuscany | 2000 | Giant Electric Pea |
Grandine il vento | 2013 | Symphonic Rock Recordings |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.