![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Museo_Del_Oro%252C_Bogota_%252824976759882%2529.jpg/640px-Museo_Del_Oro%252C_Bogota_%252824976759882%2529.jpg&w=640&q=50)
Relixión muisca
Relixión indíxena de Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A relixión muisca describe a relixión dos muiscas, un pobo indíxena que habitou as terras altas centrais dos Andes colombianos antes da conquista española das nacións chibchas. Os muiscas formaron unha confederación de gobernantes sagrados e tiñan gran variedade de deidades, templos e rituais incorporados na súa cultura. A deidade suprema dos muiscas era Chiminigagua que creou a luz e a Terra. Non era adorado directamente, senón a través de Chía, deusa da Lúa, e de Sué, deus do Sol. A representación dos dous corpos celestiais como marido e muller amosa o carácter complementario do home e da muller e o status sagrado do matrimonio.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Museo_Del_Oro%2C_Bogota_%2824976759882%29.jpg/640px-Museo_Del_Oro%2C_Bogota_%2824976759882%29.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/89/CULTURA_MUISCA.jpg/320px-CULTURA_MUISCA.jpg)
Os muiscas adoraban os seus deuses en lugares sagrados e naturais, como a lagoa de Guatavita, as lagoas de Siecha e o lago de Tota, e construíron o Templo do Sol en Suamox e o Templo da Lúa en Chía, a cidade da Lúa. Durante estes rituais de adoración, os sacerdotes, obgues, realizaban sacrificios, ás veces mesmo sacrificios humanos. A derradeira cerimonia pública dos muiscas realizouse en Ubaque o 27 de decembro de 1563.[2]
O coñecemento sobre a relixión muisca foi levado a Europa polo conquistador Gonzalo Jiménez de Quesada e o soldado Juan de Castellanos no século XVI, e polo bispo Lucas Fernández de Piedrahita e o freire Pedro Simón no século XVII. Entre os estudosos modernos que escribiron sobre a relixión dos habitantes do Altiplano Cundiboyacense son Javier Ocampo López e Eduard Londoño.[3][4]