![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3c/Templo_del_sol.jpg/640px-Templo_del_sol.jpg&w=640&q=50)
Confederación muisca
Confederación indíxena fundada en 1450 e desaparecida en 1537 / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Confederación muisca foi o tipo de organización político-administrativa que agrupou ós muiscas no territorio central da actual República de Colombia antes da invasión española. As catro unidades político-territoriais confederadas foron: o Zipazgo de Bacatá, o Zacazgo de Hunza, o territorio sagrado de Iraca e o territorio sagrado de Tundama, ademais dun grupo de territorios autónomos.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Tunja (800–1540) Sogamoso (800–1540) Bogotá (800–1540) ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.500.000 ![]() | ||||
Lingua usada | Lingua muisca ![]() | ||||
Relixión | Relixión muisca ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 46.972 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 800 ![]() | ||||
Disolución | 1540 ![]() | ||||
A Confederación xurdiu cara ao 1450 e subsistiu até aproximadamente o 1541, ó consolidarse a conquista española das nacións chibchas no territorio central colombiano. Abranguía dende o río Chicamocha, polo norte, até o páramo de Sumapaz, polo sur, e dende Vélez, Facatativá e Zipacón, polo oeste, até a Cordilleira Oriental, veciña coas chairas de Meta e o Casanare, polo leste.[1]