Tunja
cidade e capital do departamento de Boyacá, Colombia From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade e capital do departamento de Boyacá, Colombia From Wikipedia, the free encyclopedia
Tunja é un concello colombiano, capital do departamento de Boyacá, que se atopa sobre a cordilleira oriental dos Andes, a 130 km ó nordés de Bogotá. É a cidade capital máis alta do país. Tunja foi construída sobre Hunza, unha das capitais da confederación muisca o 6 de agosto de 1539. Co seu título de cidade outorgado pola coroa española, Tunja chegou a converterse nun fortín para colonos emigrantes de Castela, Estremadura e Andalucía, e un dos maiores centros administrativos, xudiciais, políticos e culturais do país. Durante o axitado período da independencia, constituíuse como capital da República de Tunja o 9 de decembro de 1811.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia do Centro | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 180.572 (2021) (1.530,27 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 118 km² | ||||
Altitude | 2.782 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Gonzalo Suárez Rendón | ||||
Creación | 6 de agosto de 1539 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 150001–150009 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | tunja-boyaca.gov.co |
Tunja alberga un conxunto monumental protexido no seu Centro Histórico e declarado patrimonio da Nación en 1959.[1][2] Ó longo da súa historia, Tunja foi recoñecida como un importante centro literario, científico, cultural e histórico. É considerada como a cidade Universitaria de Colombia, e é a sede de eventos de carácter internacional como o Festival Internacional da Cultura de Boyacá e do Aguinaldo Boyacense.[3][4][5]
Tunja é igualmente a cidade máis segura de Colombia segundo o informe presentado polo Centro Internacional para a Prevención da Criminalidade.[6] En canto á economía segundo o DANE, o desenvolvemento recente de infraestrutura e da industria da construción contribuíron a un aumento do PIB de 4.0% en 2014.[7]
O seu nome actual derívase do termo Hunza, ou tamén Junza ou Tchunza.[8] Nunca se lle deu oficialmente o nome de Santiago de Tunja. Esta denominación xorde da primeira división en parroquias que tivo a cidade, que a organizou na parroquia da nosa Señora das Neves, ó norte; Santa Bárbara, ó sur, e Santiago de Tunja, no centro. O patrón da cidade de Tunja e da Catedral é o Apóstolo Santiago o Maior. Por iso adquire o nome de Parroquia de Santiago de Tunja.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.