![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a9/Confederaci%25C3%25B3nMuisca.png/640px-Confederaci%25C3%25B3nMuisca.png&w=640&q=50)
Bacatá
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bacatá foi un dos cinco Zybyn que conformaban o territorio do Zipazgo, na Confederación muisca. A súa capital era o Uta de Funza, chamado tamén Muyquyta (ou Muequetá),[1] que á súa vez era a capital do Zipazgo.[2] O territorio do Zybyn de Bacatá abranguía boa parte da actual sabana de Bogotá, e precisamente da verba Bacatá provén o nome da actual cidade de Bogotá, capital da República de Colombia. O conquistador español Gonzalo Jiménez de Quesada fundou no territorio de Bacatá a cidade de Santafé de Bogotá o 6 de agosto de 1538, capital do Novo Reino de Granada, e posteriormente do Vicerreinado de Nova Granada.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a9/Confederaci%C3%B3nMuisca.png/640px-Confederaci%C3%B3nMuisca.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/91/Cerros_orientales_Bogota.jpg/640px-Cerros_orientales_Bogota.jpg)
O Zybyn de Bacatá era o de maior importancia no Zipazgo, non só polo número de Uta adscritos ó seu dominio, senón tamén porque Funza, a súa capital, era a residencia oficial e sede do goberno do Zipa, supremo gobernante do Zipazgo.
Os habitantes do zipazgo foron chamados xenericamente polos españois como "bacataes", por mor da importancia político-administrativa deste territorio.[1] Tamén o Zipa foi chamado, ocasionalmente, "Bacatá".[3]