![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4b/Laguna_de_Tota.jpg/640px-Laguna_de_Tota.jpg&w=640&q=50)
Lago de Tota
Lago de Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O lago de Tota é un corpo de auga natural que se atopa no departamento de Boyacá, Colombia. Cunha superficie duns 55 km² é o meirande lago de Colombia; a este séguelle a Lagoa de la Cocha con máis de 40 km².[1] Atópase a 34 km ó sur da cidade de Sogamoso, arredor duns 200 km aónoroeste da capital, Bogotá. O lago atópase en xurisdición dos municipios de Cuítiva, Tota e Aquitania, a unha altura de 3.115 msnm, o que o converte no segundo lago navegable máis alto de América do Sur[2][3][4][5][6] despois do lago Titicaca.