Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia
academia galega de medicina e cirurxía / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia é unha institución creada en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1831, co nome de Real Academia de Medicina y Cirugía de Santiago de Compostela, ao mesmo tempo e en pé de igualdade que outras nove instaladas en Madrid, Valladolid, Sevilla, Cádiz, Granada, Valencia, Barcelona, Zaragoza e Palma, en virtude dun Real Decreto de Fernando VII asinado o 28 de agosto de 1827. Instalouse en Santiago o 7 de abril de 1831. Suxeitas as tales Academias á Real Junta Superior Gubernativa de Medicina y Cirugía, atribuíuselle, á galega, un territorio propio de actuación que comprendía Galicia e Asturias.[1]
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia ![]() | |
---|---|
Tipo | academia |
Data de fundación | 1831 |
Fundador(es) | Fernando VII |
Sede | A Coruña |
En | A Coruña |
País | Galicia |
43°22′04″N 8°24′18″O | |
Na rede | |
https://www.ramycga.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Na actualidade a súa sede está na rúa Durán Loriga, 10, A Coruña.[2]