![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/20/Fernando_VII_-_Vicente_L%25C3%25B3pez.jpg/640px-Fernando_VII_-_Vicente_L%25C3%25B3pez.jpg&w=640&q=50)
Fernando VII
Rei de España (1784-1833) (r. 1808;1813-1833) / From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando VII de España, alcumado "o desexado" e tamén "o felón",[1] nado en San Lorenzo de El Escorial o 14 de outubro de 1784[2] e finado en Madrid o 29 de setembro de 1833, foi príncipe de Asturias (1788-1808) e, posteriormente, rei de España entre marzo e maio de 1808 e de novo, trala expulsión do «rei intruso» Xosé I Bonaparte e o seu retorno a España, dende maio de 1814 até a súa morte en 1833, agás nun breve intervalo de tempo en 1823, en que foi destituído polo consello de Rexencia.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Fillo e herdeiro de Carlos IV e de María Luísa de Parma, que foran depostos tralo motín de Aranjuez, tivo unha enorme popularidade nos primeiros momentos entre o pobo español, que o alcumara como "o desexado" cando fora obrigado a abdicar en Baiona, polo que pasou toda a guerra da Independencia en Valençay na calidade de preso de Napoleón I, a quen chegou a solicitar ser o seu fillo adoptivo:[3]
O meu maior desexo é o de ser fillo adoptivo da S.M. o emperador, soberano noso. Eu creo ser merecedor desta adopción que, verdadeiramente, faría a felicidade da miña vida, tanto polo meu amor e afecto á sagrada persoa da S.M., como pola miña submisión e enteira obediencia ás súas intencións e desexos.
O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o absolutismo herdado e defendido por el e as novas ideas liberais. De feito herdou un país dividido pola guerra da Independencia e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas guerras carlistas.
En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador en América Latina, que rematará a finais do século XIX.