From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlota Xoaquina Teresa Caetana de Borbón e Borbón-Parma (en portugués Carlota Joaquina Caetana de Bourbon e Bourbon), nada en Aranjuez o 25 de abril de 1775 e finada en Sintra o 7 de xaneiro de 1830,[1] foi unha infanta española, raíña consorte de Portugal e emperatriz consorte de iure do Brasil.[1]
Carlota Xoaquina foi a filla primoxénita do rei Carlos IV de España e da súa esposa, a princesa María Luísa de Parma. Con apenas dez anos de idade foi obrigada a casar, o 8 de maio de 1785, co príncipe Xoán, segundo fillo de María I. En 1788, ao morrer o herdeiro da Coroa portuguesa Xosé, Príncipe do Brasil, Xoán pasou a ser o primeiro na liña de sucesión.[1] Pola loucura de María, a súa nai, o príncipe Xoán recibe a rexencia do reino a partir de 1792.[1] Con isto, Carlota Xoaquina convertíase en princesa consorte-rexente de Portugal.
Este cambio nos acontecementos conviña ao carácter ambicioso e ás veces violento de Carlota. Na corte de Lisboa inmiscuíase frecuentemente en asuntos de estado, procurando influír nas decisións do seu marido.[1] As ambicións da española desagradaban á nobreza portuguesa e chegaron a oídos do mesmo pobo; aínda máis, as desavinzas conxugais de Carlota Xoaquina empezaron a tomar carácter político.
Seu marido Xoán descubriu en 1806 que Carlota Xoaquina urdía unha revolta palaciana para tomar o poder, polo que a expulsou do Palacio Real de Mafra e a enviou baixo liberdade vixiada ao Palacio Real de Queluz, en Sintra, preto de Lisboa.[1]
En 1808, ante a ameaza da invasión de Portugal polo exército combinado franco-español (como consecuencia do tratado de Fontainebleau, o príncipe rexente dispuxo a fuxida, rumbo ao Brasil, da familia real portuguesa.
Arribados a Río de Xaneiro instalaron alí a Corte. Porén, isto no terminaría coas intrigas e ambicións de Carlota Xoaquina.[1]
Entre 1808 e 1812, Carlota Xoaquina reclamou a rexencia de España cando o seu tío o infante Antonio Pascual fuxiu a Francia abandonando a Xunta Suprema de Goberno que o seu irmán Fernando VII instiuira en tanto durara a súa viaxe a Francia para entrevistarse con Napoleón (do que resultou a prisión da familia real española e a usurpación (legal) do trono español por parte de Xosé Bonaparte. Alegaba Carlota ser a única integrante da familia de Carlos IV que non estaba apresada polos franceses.[1]
Por outra parte, a súa proximidade ao vicerreinado do Río da Prata provocou a creación dun partido carlotista en Buenos Aires, o cal pretendía valerse de Carlota Xoaquina para conseguir a independencia do territorio do Río da Prata (o que sería máis tarde a Arxentina). En efecto, Carlota Xoaquina aspiraba tamén a aproveitar a invasión napoleónica de España para asegurarse un trono para si mesma en América do Sur; máis unha vez alegaba a prisión do seu pai e do seu irmán en Francia, e acariciaba a ambiciosa idea de escapar ás limitacións que lle impoñía seu esposo portugués.[1]
Porén, a interferencia da diplomacia británica e a política expansionista do seu marido fixeron fracasar o proxecto. Xoán VI determinou que, se a súa esposa era proclamada rexente de España, entón o propio rei portugués tería dereitoos sobre o vicerreinado do Río da Prata como esposo da rexente. Esta insinuación de Xoán VI fixo que o plan perdera todo apoio en Buenos Aires, onde o que se pretendía era constituír un Estado independente, non pasar do dominio español ao domino portugués. Por outra parte, a ocupación francesa en España facía que Gran Bretaña rexeitara a existencia dunha rexente española en Buenos Aires en contraposición ao restaurado, e recoñecido por esta potencia, Fernando VII.[1]
En efecto, polo tratado de Valençay de 11 de decembro de 1813, Napoleón recoñeceu a Fernando VII como rei de España e, pouco despois, tamén o recoñecía o goberno británico. (Porén cómpre dicir que nin a Rexencia nin as Cortes de Cádiz o recoñeceran, pois antes debería xurar a Constitución de 1812.[2]
En 1820, unha revolución ocorrida no Porto exixiu a volta da familia real portuguesa á metrópole. Xoán VI e Carlota Xoaquina regresaron a Portugal o ano seguinte, aínda que o seu fillo e herdeiro Pedro de Braganza non só decidiu quedar no Brasil, senón que en 1822 proclamaba a independencia de dito país asumindo o trono como emperador Pedro I do Brasil. O rei Xoán VI faleceu subitamente no Palacio da Bemposta, Lisboa, o 10 de marzo de 1826, aos 58 anos.[1] Hai que cre que foi envelenado, sospeitándose da raíña Carlota Xoaquina ou do seu fillo Miguel, nunha conspiración para ocupar o trono.
Carlota Xoaquina faleceu no Palacio de Queluz, en Sintra, o 7 de xaneiro de 1830, vítima dun cancro de útero.
Do seu matrimonio con Xoán VI, Carlota Joaquina tivo nove fillos, a saber:
16. Lois de Francia, Gran Delfín | ||||||||||||||||
8. Filipe V de España | ||||||||||||||||
17. María Ana Cristina de Baviera | ||||||||||||||||
4. Carlos III de España | ||||||||||||||||
18. Eduardo II Farnesio | ||||||||||||||||
9. Isabel de Farnesio | ||||||||||||||||
19. Dorotea Sofía do Palatinado-Neoburgo | ||||||||||||||||
2. Carlos IV de España | ||||||||||||||||
20. Augusto II de Polonia | ||||||||||||||||
10. Augusto III de Polonia | ||||||||||||||||
21. Cristiana Eberardina de Brandeburgo-Bayreuth | ||||||||||||||||
5. María Amalia de Saxonia | ||||||||||||||||
22. Xosé I de Habsburgo | ||||||||||||||||
11. María Xosefa de Austria | ||||||||||||||||
23. Guillermina Amalia de Brunswick-Luneburgo | ||||||||||||||||
1. Carlota Xoaquina de Borbón | ||||||||||||||||
24. Lois de Francia, Gran Delfín (=16) | ||||||||||||||||
12. Filipe V de España (=8) | ||||||||||||||||
25. María Ana Cristina de Baviera (=17) | ||||||||||||||||
6. Filipe I de Parma | ||||||||||||||||
26. Eduardo II Farnesio (=18) | ||||||||||||||||
13. Isabel de Farnesio (=9) | ||||||||||||||||
27. Dorotea Sofía do Palatinado-Neoburgo (=19) | ||||||||||||||||
3. María Luísa de Parma | ||||||||||||||||
28. Lois de Francia | ||||||||||||||||
14. Lois XV de Francia | ||||||||||||||||
29. María Adelaida de Savoia | ||||||||||||||||
7. Luísa Isabel de Borbón | ||||||||||||||||
30. Estanislau I Leszczynski | ||||||||||||||||
15. María Leszczynska | ||||||||||||||||
31. Catarina Opalinska | ||||||||||||||||
Predecesor: María I |
Raíña de Portugal 1816–1826 |
Sucesor: María Leopoldina de Austria |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.