![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/df/Flag_of_the_Land_of_Valencia_%2528official%2529.svg/langgl-640px-Flag_of_the_Land_of_Valencia_%2528official%2529.svg.png&w=640&q=50)
Valencia
capital da Comunidade Valenciana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
València (ca) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarcas da Comunidade Valenciana | Comarca de València ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | Valência (pt) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 807.693 (2023) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) lingua castelá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 134,65 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo e Río Turia ![]() | ||||
Altitude | 15 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Albal Paiporta Paterna Picanya Museros (pt) ![]() Mislata Montcada Meliana (pt) ![]() Quart de Poblet Sedaví Tavernes Blanques Rocafort Sueca Silla Sollana (pt) ![]() Vinalesa Massanassa Massalfassar (pt) ![]() Alfafar Alfara del Patriarca Almàssera Albuixec Albalat dels Sorells Alboraia Massamagrell (pt) ![]() Benetússer Bonrepòs i Mirambell Godella Bétera Foios (pt) ![]() Burjassot Catarroja Xirivella ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 138 a. C. ![]() | ||||
Santo padrón | Vicenzo de Huesca ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | María José Catalá (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46000 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 96 ![]() | ||||
Código INE | 46250 ![]() | ||||
ARGOS ID (en) ![]() | 46250 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | valencia.es ![]() |
É unha cidade industrial e portuaria. Aínda que foi fundada a certa distancia do mar, hoxe atópase unida e ten un dos portos máis importantes do Mediterráneo occidental, xunto cos de Barcelona, Marsella e Xénova. A súa economía baséase nas súas funcións administrativas e de servizos, e en ser centro loxístico (porto, feira de mostras, aeroporto de Manises) para a industria rexional (moble, madeira, téxtil, construción etc.). Durante estes últimos anos está a destacar como un importante destino turístico, grazas á recuperación parcial da Ciutat Vella (Cidade Vella), a construción da Ciutat de les Arts i de les Ciències (Cidade das Artes e as Ciencias) e a celebración da America's Cup.