![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4e/Escut_de_Val%25C3%25A8ncia.svg/langgl-640px-Escut_de_Val%25C3%25A8ncia.svg.png&w=640&q=50)
Escudo de Valencia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O escudo de Valencia baséase no Sinal Real de Aragón, tras concesión de Pere o Cerimoniós, á que se incorporaron diferentes elementos co tempo, alusivos ás armas persoais de Jaume I, quen incorporou a cidade á Coroa, e a diferentes feitos bélicos. O emblema cunha representación do escudo que utiliza o Concello de Valencia garante o seu uso institucional. A pesar de non estar oficializado no Diario Oficial da Comunidade Valenciana (DOGV), tradicionalmente corresponderíalle o seguinte brasón:
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4e/Escut_de_Val%C3%A8ncia.svg/640px-Escut_de_Val%C3%A8ncia.svg.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/57/Escut_de_Val%C3%A8ncia.jpg/640px-Escut_de_Val%C3%A8ncia.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a6/Coat_of_Arms_of_Valencia_%2814th-16th_Centuries%29.svg/640px-Coat_of_Arms_of_Valencia_%2814th-16th_Centuries%29.svg.png)
Escudo losanxado, campo de ouro (en heráldica amarelo intenso), catro paus de goles (en heráldica vermello intenso); achegados dúas eles de ouro coroadas. Por timbre, unha coroa real aberta sobre a cal un ratpenat (morcego) de fronte coas ás tendidas. Rodeando o escudo dúas ramas de sinople (en heráldica verde intenso), cruzadas pola base.