From Wikipedia, the free encyclopedia
Os rañaceos[1] (en singular e plural) son edificios dotados dunha altura singular fronte aos demais e dunha forma xeral presentando formatos de torre. Estes edificios normalmente posúen carácter multifuncional, sendo capaces de abrigar establecementos residenciais, comerciais, de servizos, entre outros. A súa presenza no espazo urbano, cando destacada por enriba da altura media dos demais edificios, constitúese en xeral como unha referencia ou marco para a cidade, aínda que tamén poida xerar problemas varios ligados á mobilidade urbana, consumo de enerxía e seguridade.
Ao longo da historia da arquitectura, con excepción de monumentos como obeliscos e columnas, encóntranse poucos edificios dotados de grande altitude. Normalmente, os poucos exemplares eran as torres, as cales posuían algún tipo de significado relixioso (como as torres de templos católicos) ou militar. Até o período da Revolución Industrial, os edificios de uso cotián raramente posuían múltiples andares.
Até mediados do século XIX, a altura máxima encontrada nas grandes cidades era duns cinco andares, pola dificultade de subir reiteradamente até andares altos. Por outro lado, a construción de edificios altos demandaba sistemas construtivos e tecnolóxicos avanzados. Como a maior parte das edificacións eran construídas en cachotería, canto maior a altitude, maiores as espesuras necesarias para as súas paredes portantes, sexa para soportar os andares superiores ou para resistir aos esforzos do vento. De aí que, avances construtivos que tornaban as paredes independentes dos elementos estruturais do edificio, como o formigón armado e a estrutura en ferro (e máis tarde en aceiro) xa posibilitaban a construción de edificios altos, aínda así, era maior e estes sistemas dunha forma xeral eran caros.
En 1852, a invención do ascensor por Elijah Otis eliminou o primeiro impedimento. O segundo problema foi resolto a partir da popularización dos sistemas construtivos avanzados: a prefabricación de elementos construtivos en aceiro nos países industrializados pasou a ser relativamente común. Así, en 1885 foi construído en Chicago o que está considerado como o primeiro rañaceos, o Home Insurance Building, deseñado por William Le Baron Jenney.
Na década de 1920, unha conxunción de factores — novas técnicas de construción, materiais máis resistentes e a invención dos elevadores — deu lugar aos rañaceos. A novidade cambiou as formas de consumo, de facer comercio e, principalmente, da morada dos habitantes das metrópoles. Cabe notar tamén que a produción arquitectónica ligada á Escola de Chicago, influenciada e esixida polas necesidades do capitalismo naquela cidade, e a arquitectos como Louis Sullivan posuíu tamén un papel de difundir as novas tipoloxías urbanas entre outras cidades no mundo. O rañaceos pasaría a caracterizarse como símbolo do progreso industrial nas grandes cidades do mundo desenvolvido: a cidade de Nova York viviu nas dúas décadas seguintes unha carreira entre emprendedores en busca da construción do edificio máis alto. Como froito deste fenómeno, xurdiron edificios que hoxe son considerados símbolos daquela cidade, como o Empire State Building, o Chrysler Building e máis tarde o Rockfeller Center.
Os edificios en letra grosa foron os máis altos do mundo no momento da súa construción.
Posto | Imaxe | Edificio | Cidade | País | Altura | Andares | Ano de construción |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Burj Khalifa | Dubai | Emiratos Árabes Unidos | 828 m | 163 | 2010 | |
2 | Shanghai Tower | Shanghai | China | 632 m | 128 | 2015 | |
3 | Abraj Al-Bait Clock Tower | A Meca | Arabia Saudita | 601 m | 120 | 2012 | |
4 | Ping An Finance Centre | Shenzhen | China | 599 m | 115 | 2017 | |
5 | Goldin Finance 117 | Tianjin | China | 596.6 m | 128 | 2019 | |
6 | Lotte World Tower | Seúl | Corea do Sur | 554.5 m | 123 | 2016 | |
7 | One World Trade Center | Nova York | Estados Unidos | 541.3 m | 104 | 2014 | |
8 | Guangzhou CTF Finance Centre | Cantón | China | 530 m | 111 | 2016 | |
Tianjin CTF Finance Centre | Tianjin | China | 530 m | 98 | 2017 | ||
10 | China Zun | Pequín | China | 528 m | 108 | 2018 | |
11 | Taipei 101 | Taipei | Taiwán | 508 m | 101 | 2004 | |
12 | Shanghai World Financial Center | Shanghai | China | 492 m | 101 | 2008 | |
13 | International Commerce Centre | Hong Kong | China | 484 m | 118 | 2010 | |
14 | Wuhan Greenland Center | Wuhan | China | 475.6 | 97 | 2019 | |
15 | Central Park Tower | Nova York | Estados Unidos | 472 | 131 | 2019 | |
16 | Lakhta Center | San Petesburgo | Rusia | 462 m | 86 | 2018 | |
17 | Landmark 81 | Cidade Ho Chi Minh | Vietnam | 461.2 m | 81 | 2018 | |
18 | Changsha IFS Tower T1 | Changsha | China | 452.1 m | 88 | 2017 | |
19 | Petronas Tower 1 | Kuala Lumpur | Malaisia | 451.9 m | 88 | 1998 | |
Petronas Tower 2 | |||||||
20 | Zifeng Tower | Nanjing | China | 450 m | 89 | 2010 | |
Suzhou IFS | Suzhou | China | 450 m | 92 | 2017 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.