competición automobilística galega From Wikipedia, the free encyclopedia
O Rally Mariña Lucense é unha competición de rally que se disputa dende 2019 na Mariña de Lugo.
Tipo | carreira automobilística |
---|---|
Deporte | rally |
Parte de | Campionato de Galicia de Rally |
Localización e Datas | |
Localización | Mariña de Lugo (Provincia de Lugo) 43°39′45″N 7°21′55″O |
País | España |
Vixencia | 2019 – |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Víctor Senra (3) |
Está organizada pola Escudería Mix Rallye Sport e é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally. O seu primeiro gañador foi Iago Caamaño e o piloto máis laureado é Víctor Senra, con tres triunfos.
Tras varios intentos de celebrar un rally na Mariña de Lugo,[1] finalmente en 2019, a Escudería Mix Rallye Sport, que viña celebrando o desaparecido Rally Comarca da Ulloa,[2] conseguiu sacar adiante a proba, que foi incluída como a última cita da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally, a mediados de novembro. O parque pechado situouse en Viveiro[3] e os treitos disputáronse polos concellos de Xove, O Vicedo e Cervo.[4] Coa ausencia do xa campión galego Víctor Senra, o rally foi un duelo entre os dous seguintes clasificados do campionato, Alberto Meira e Iago Caamaño, sendo este último o primeiro vencedor da proba, cun Volkswagen Polo R5.[5][6][7]
Ano | Edición | Piloto | Copiloto | Vehículo | Equipo | Campionato |
---|---|---|---|---|---|---|
2019 | 1º Rally Mariña Lucense | Iago Caamaño | Alberto Rodríguez | Volkswagen Polo R5 | Lalín Deza | Galicia |
2020 | 2º Rally Mariña Lucense | Nikolay Gryazin | Konstantin Aleksandrov | Volkswagen Polo GTI R5 | Sports Racing Technologies | Galicia |
2021 | 3º Rally Mariña Lucense | Víctor Senra | David Vázquez | Škoda Fabia R5 | Ya-Car Racing | Galicia |
2022 | 4º Rally Mariña Lucense | Víctor Senra | Jandrín | Škoda Fabia R5 | Ya-Car Racing | Galicia |
2023 | 5º Rally Mariña Lucense | Víctor Senra | David Vázquez | Citroën C3 WRC | Ya-Car Racing | Galicia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.