O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil. Ademais, a editorial concede un premio Xerais á cooperación no labor editorial.
Premio Xerais | |
---|---|
Tipo | premio literario |
Data de fundación | 1984 |
Nomeado en referencia a | Edicións Xerais de Galicia |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
O premio, que é único, está dotado con 15.000 euros na actualidade; na primeira edición tiña unha contía de 500.000 pesetas (3.000 euros), e xa na segunda edición pasou a un millón de pesetas[1]. A data de entrega adoitaba ser na semana da festividade do San Xoán, no solsticio de verán, ou nos primeiros días do mes na Illa de San Simón ata o ano 2017. En 2018 o acto de entrega dos galardóns adíase ata outubro para facelos coincidir coa publicación das propias obras[2].
Gañadores
- 1984: Crime en Compostela (Carlos González Reigosa).[3]
- 1985: As horas de cartón (Lois Xosé Pereira).
- 1986: No ano do cometa (Xoán Bernárdez Vilar).
- 1987: Para despois do adeus (Xosé Ramón Pena).
- 1988: O bosque das antas (Francisco Xosé Fernández Naval).
- 1989: Galván en Saor (Darío Xohán Cabana).
- 1990: As baleas de Eduardo Reinoso (Alfonso Álvarez Cáccamo).
- 1991: Agosto do 36 (Xosé Fernández Ferreiro).
- 1992: O infortunio da soidade (Xosé Carlos Caneiro).
- 1993: Deserto
- 1994: O cervo na torre (Darío Xohán Cabana).
- 1995: Unha noite con Carla (Aníbal Malvar).
- 1996: A velocidade do frío (Manuel Seixas).
- 1997: Manancial (Xavier Manteiga).
- 1998: Morning Star (Xosé Miranda).
- 1999: Pensa nao (Anxo Angueira). Entregado en Mondariz-Balneario.
- 2000: Expediente Artieda (Luís Rei Núñez). Entregado en Santiago de Compostela.
- 2001: Teoría do caos (Marilar Aleixandre). Entregado en Ribadeo.
- 2002: Concubinas (Inma López Silva). Entregado en Allariz.
- 2003: Casa Skylab (Santiago Jaureguizar).[4] Entregado en Betanzos.
- 2004: O exiliado e a primavera (Manuel Veiga Taboada). Entregado en Vigo.[5]
- 2005: Herba moura (Teresa Moure). Entregado na illa de San Simón.
- 2006: Tres segundos de memoria (Diego Ameixeiras). Entregado na illa de San Simón.
- 2007: Cardume (Rexina Rodríguez Vega). Entregado na illa de San Simón.
- 2008: O xardín das pedras flotantes (Manuel Lourenzo González).
- 2009: Sol de Inverno (Rosa Aneiros).
- 2010: Periferia (Iolanda Zúñiga).
- 2011: Extramunde (Xavier Queipo).
- 2012: Tonas de laranxa (María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón).
- 2013: Cadeas (Xabier López López).
- 2014: Dende o conflito (María Reimóndez).
- 2015: De remate (Héctor Cajaraville).
- 2016: A ira dos mansos (Manuel Esteban).
- 2017: A arte de trobar (Santiago Lopo).[6]
- 2018: Besta do seu sangue (Emma Pedreira)[7]
- 2019: Shanghai a Barcelona (Amador Castro)[8]
- 2020: Coidadora (María Marco Covelo)[9]
- 2021: Os seres queridos (Berta Dávila)[10]
- 2022: A culpa (María Solar)[11]
- 2023: Ninguén contará a verdade (Pedro Feijoo)[12]
- 2024: Detective Ferruchi (Marta Villar)[13]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.