obra literaria de Carlos González Reigosa From Wikipedia, the free encyclopedia
Crime en Compostela é unha novela policíaca de Carlos González Reigosa, publicada en 1984. Conseguiu o 1º premio Xerais de novela. É a primeira entrega da saga do detective Nivardo Castro xunto co xornalista Carlos Conde.
Crime en Compostela | |
---|---|
Autor/a | Carlos González Reigosa |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Colección Negra |
Xénero(s) | Novela policíaca |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 1984 |
Formato | 14,5 x 22 cm. edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 248 |
ISBN | ISBN 978-84-9782-229-9 |
Seguido por | O misterio do barco perdido |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Nivardo Castro, que se autodefine como "aventureiro", investiga un asasinato acontecido en Santiago de Compostela, xunto ó seu amigo o xornalista Carlos Conde.
Os dous compañeiros, que se coñeceran no seminario de Mondoñedo, redescobren a cidade: os seus persoeiros, os pubs e os monumentos. Está ambientado a principios dos anos 80, polo que ademais dos habituais personaxes alcohólicos, típicos dos suburbios e clubs de alterne, ten presenza a xeración castigada polo abuso da heroína.
Ten moitas anécdotas e descricións da cidade, e por veces o libro trata máis de Compostela que do Crime, converténdose a cidade en coprotagonista activa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.