From Wikipedia, the free encyclopedia
A Porta do Leste (en neerlandés: Oostpoort) é a derradeira das cinco portas medievais da muralla da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.
Porta do Leste (Oostpoort) | |
---|---|
Vista frontal da Porta do Leste e a ponte Kleine Oostpoortbrug | |
Edificio | |
Tipo | Porta fortificada |
Estilo | Arquitectura gótica |
Sistema estrutural | Corpo cuadrangular con arco entre torres cilíndricas |
Enderezo | Oostpoort 1, 2611 Rz Delft |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Coordenadas | 52°00′40″N 4°22′05″L |
Uso(s) | Antigo: porta de acceso á cidade. Actual: sala de exposicións. |
Construción | |
Construción | Circa 1400 |
Remodelación | Máis recente: 1962 a 1964 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Anexa á porta está a ponte Kleine Oostpoortbrug.
Está situada no ángulo oriental da cidade vella, na desembocadura da canle Oostende na canle Rijn-Schie. Trátase do único testemuño das fortificacións medievais orixinais da cidade, xa que as restantes portas (Waterslootse Poort, Koepoort, e portas de Rotterdam, de Schiedam e da Haia), foron derrubadas ao longo do século XIX.[1]
En 1967 foi declarado monumento nacional (Rijksmonument).[2]
A porta foi construída cara ao ano 1400 integrada na muralla da cidade. Presenta un dobre acceso, tanto a través dunha vía ordinaria como a través da canle de auga, este último máis rebaixado, que podía ser pechado mediante unha comporta.[3]
A súa constitución é dun corpo central de forma cuadrangular aberto por un arco baixo enmarcado entre dúas torres cilíndricas xemelgas. A parte superior de cada torre, octogonal e rematada en punta, foi engadida entre 1514 e 1519.
No pasado, nas súas inmediacións situábase o muíño do Leste, un dos muíños que formaban parte das murallas da cidade no século XVI e dos que hoxe só se conserba o muíño De Roos.[4]
Entre 1962 e 1964, o complexo foi sometido a uns completos traballos de restauración, e desde 1988 utilízase como espazo para exposicións e como galería de arte.
Como curiosidade, no parque temático Huis Ten Bosch, no Xapón, hai unha réplica da Porta do Leste e a ponte anexa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.