O termo políglota[1] refírese a unha persoa versada en varios idiomas, ou a un texto escrito noutros tantos, reservándose o termo bilingüe para aqueles que dominan dous, e trilingüe para aqueloutros que dominan tres idiomas.

Thumb
O emperador Carlos V, famoso políglota, retratado por Tiziano (ca. 1548).

Un dos políglotas máis coñecidos é o emperador do Sacro Imperio Carlos V, falante nativo de neerlandés ou flamengo, que nunha ocasión afirmou que se dirixía ao seu cabalo en alemán, que conversaba coas mulleres en italiano e cos homes en francés, e que reservaba o español para as súas conversas con Deus.[2]

Etimoloxía

O termo políglota deriva do grego antigo πολύγλωττος, polýglōttos, que á súa vez deriva das voces πολύς, polýs, 'moito' e γλώσσα ou γλώττα, glṓssa ou glṓtta (variante ática de γλώσσα), 'lingua'. O termo úsase desde 1640 como substantivo, e desde 1650 como adxectivo.[3]

Teorías

Existen numerosas teorías como explicación do poliglotismo. Por exemplo, tense recoñecido que alguén que estea interesado nos idiomas, cun intelecto suficientemente desenvolvido, e que optimiza a súa técnica de aprendizaxe coa experiencia, será cada vez máis eficiente en cada novo idioma aprendido; polo tanto, tal individuo será capaz de dominar novos idiomas con menos esforzo que unha persoa media. Ademais, os diferentes idiomas superpóñense nas áreas de gramática e vocabulario, e isto fai que sexa máis fácil adquirir idiomas conectados, como as palabras do inglés e do francés.

Unha teoría suxire que un aumento brusco nos niveis de testosterona nun bebé mentres está no útero materno pode incrementar a asimetría do cerebro,[4] mentres que outros suxeriron que o traballo duro e o tipo correcto de motivación —que calquera adulto pode aplicar— son os factores clave do poliglotismo.[5] A neurocientífica Katrin Amunts estudou o cerebro do políglota alemán Emil Krebs e determinou que a área do cerebro de Krebs que era responsábel dos idiomas —a área de Broca— estaba organizada dunha maneira diferente en comparación cos cerebros dos monolingües.[Cómpre referencia]

Denominacións

  • Monolingüe ou monóglota - 1 lingua falada
  • Bilingüe ou díglota - 2 linguas faladas
  • Trilingüe ou triglota - 3 linguas faladas
  • Cuadrilingüe, tetralingüe ou tetraglota - 4
  • Quinquelingüe, pentalingüe ou pentaglota - 5
  • Sextilingüe - 6
  • Septilingüe - 7
  • Octalingüe - 8
  • Nonalingüe - 9
  • Decalingüe - 10
  • Endecalingüe - 11
  • Dodecalingüe - 12

Políglotas famosos

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.