From Wikipedia, the free encyclopedia
Atahualpa, do quechua Ata-wallpa, que en galego quere dicir 'galo', nado en 1500 e finado o 26 de xullo de 1533, foi o décimo terceiro gobernante inca, e aínda que tivo sucesores nomeados polos españois é considerado como o último emperador incaico.
Nome orixinal | (qu) Ataw-wallpa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1500 Quito, Ecuador |
Morte | 29 de agosto de 1533 (Gregoriano) (32/33 anos) Plaza de Armas of Cajamarca, Perú (en) |
Causa da morte | pena de morte, enforcamento |
Lugar de sepultura | Cajamarca |
13º Sapa Inca | |
1532 – 1533 ← Huáscar | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Cónxuxe | Coya Asarpay |
Pai | Huayna Cápac |
Irmáns | Paullu Inca Huáscar Manco Cápac II o Manco Inca Túpac Hualpa Quispe Sisa |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Atahualpa) Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Atahualpa |
O seu pai Huayna Cápac morreu contra 1525, sen designar sucesor. Ese feito desatou unha guerra civil incaica pola sucesión entre Atahualpa e o seu irmán Huáscar. Atahualpa atopábase en Quito, ao mando do exército incaico do norte e a cargo do goberno da rexión, subxugada ao imperio incaico. Tras unha longa campaña, Atahualpa venceu a Huáscar en 1532, preto de Cuzco.[1]
Atahualpa estaba en Cajamarca cando recibiu a visita dunha expedición española ao mando de Francisco Pizarro, que o capturou. Atahualpa ofreceu un rescate a cambio da súa liberdade, e Pizarro aceptou. Non obstante, os españois decidiron desfacerse del. Tras recibir o rescate, foi acusado traizón, de conspiración contra a coroa española e do asasinato de Huáscar. Enxuizárono, sentenciárono a morte foi executado.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.