From Wikipedia, the free encyclopedia
O politeísmo celta, tamén coñecido como paganismo celta,[1][2][3] comprende as prácticas e crenzas relixiosas atribuídas ós pobos celtas que habitaron no oeste de Europa durante a Idade de Ferro, entre os anos -500 e 500, abranguendo dende a cultura de La Tène ata a era romana. No caso dos celtas insulares correspóndese coa Idade de Ferro británica e a Irlanda celta.
O politeísmo celta foi unha das meirandes relixións durante a Idade de Ferro dentro da familia indoeuropea. Isto débese a que comprende unha gran cantidade de variacións xeográficas e cronolóxicas. Malia a súa variedade, poden ser detectadas semellanzas estruturais[4] permitindo detectar unha "homoxeneidade relixiosa básica" entre os diferentes pobos celtas.[5]
O panteón celta componse de numerosos teónimos que foron recollidos pola epigrafía e etnografía grecorromana. Entre eles, os máis prominente son Teutates, Taranis e Lugh. Figuras medievais da mitoloxía irlandesa foron aducidas por mitoloxía comparada, interpretadas como versións evémeras de deidades precristiás insulares. Unha característica salientable da relixión celta, segundo se reflicte na historiografía romana, é a súa estendida práctica do sacrificio humano. Segundo as fontes gregas e romanas, na Galia, Britania e Irlanda existía unha caste de "sabios máxico-relixiosos" cuxos membros se coñecían como druídas, pero é moi pouco o que se coñece deles.[6]
Coa conquista da Galia (entre o -58 e o -51) e o sur de Britania (43) polo Imperio romano, as prácticas relixiosas celtas adoptaron elementos dos conquistadores produto da romanización, dando lugar a cultos sincréticos coas súas tradicións e deidades, como Cernunnos, Artio, Telesforo etc.
Nos séculos V e VI, o cristianismo converteuse na fe dominante na área celta, suplantando as súas prácticas relixiosas. Porén, o politeísmo celta deixou a súa pegada nas Nacións celtas, influenciando unha mitoloxía posterior, e servindo de base para novos movementos relixiosos, como neopaganismo celta, xurdido no século XX.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.