Orde política e social gaélica que existiu en Irlanda desde a época prehistórica ata principios do século XVII From Wikipedia, the free encyclopedia
Irlanda celta ou Irlanda gaélica corresponde á orde política establecida na illa de Irlanda ata a conclusión da reconquista Tudor de Irlanda. Durante a maior parte deste período, Irlanda foi un mosaico de clans e tribos organizados en torno a catro provincias históricas e que competían continuamente polo control do territorio e os recursos.
A finais do século XII produciuse a coñecida invasión normanda, que situaría a unha parte importante da illa baixo o control da nobreza cambro-normanda. Esta área controlada polos invasores recibiría o nome de Señorío de Irlanda. Porén, durante os séculos seguintes, a Irlanda gaélica recuperaría terreo, ben mediante a conquista, ben mediante a asimilación cultural dos acabados de chegar. A finais do século XV, unicamente unha pequena franxa de terreo en torno a Dublín (coñecida como "Pale") quedaba fóra da influencia gaélica.[1]
Porén, o acceso ó poder da dinastía Tudor en Inglaterra provocaría unha serie de campañas militares para someter a resistencia da nobreza gaélica. En 1541, o Señorío de Irlanda transformouse no Reino de Irlanda, cuxa coroa recaía no rei de Inglaterra e a posterior "Fuga dos Condes" en 1607, significaría a fin da reconquista Tudor da illa e da Irlanda celta propiamente dita.
A orde gaélica estaba formado por un mosaico de reinos que competían polos recursos e polo territorio: expandíanse ou contraíanse segundo a capacidade dos seus gobernantes.[2] A partir do século VII todos estes estados pasaron a estar nomealmente baixo o mando dun Rei Supremo; porén, até o século XI con Brian Boru, este título de Rei Supremo non supoñía ningún poder efectivo ó estilo dos reis da Europa continental. A partir de Boru, a loita polo título de Ard-Rí reduciuse a un fato de familias (O'Brien de Munster, McLochlainn do Cenél nEógain, O'Connor de Connacht). En véspera da invasión normanda de 1169, o proceso de organización territorial estaba practicamente desaparecido e os antigos reinos e subreinos provinciais transformáranse en feudos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.