Teutates
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Teutates (tamén chamado Tutatis) era o deus celta protector da tribo na Galia e as Illas Británicas. Foi o antecesor dos homes e o seu lexislador, gardián, árbitro e defensor dos seus pobos. Formaba parte dos Deuses da Noite (os máis importantes da Galia) xunto a Esus e Taranis. A palabra Teutates ou Toutatis é auténtica e con testemuñas escritas.[1]
Actualmente é coñecido como Toutatis (pronunciado [towˈtaːtis] en galo[2]). É coñecido por ser unha expresión usual (¡Por Tutatis!) para os galos das historietas de Astérix, de René Goscinny e Albert Uderzo.
Teutates pode derivar do proto-céltico *teutāto-, que significa "unidos tribalmente". Suxeriuse que o nome significa "pai da tribo"[3][4], formado teut- (deus) e -tat (pai) , mais se fora así, o nome esperado sería *Teutahatres.
Era visto como espírito de guerra, produtividade, construtividade e riqueza. Tamén é coñecido como Albiorix ("rei do mundo") e Caturix ("rei da batalla"). Ofrecíanselle sacrificios humanos para apacigualo e como medio de redención. Parece ter sido máis ben un espírito da unidade e harmonía da tribo (ás veces confundido con Ogmios). Cada tribo tiña o seu propio Teutates. En tódalas inscricións ás que se lle fai referencia se lle asocia a Marte, polo que non se sabe se Teutates era un cualificativo divino aplicado a este planeta, ou ben era o equivalente ao Deus Romano Marte e era como el unha divindade guerreira.
Nos seus rituais era común facer un sacrificio humano, onde as vítimas ofrecidas eran consumidas polo lume en actos que se realizaban sobre todo na guerra. Xeralmente ditas vítimas eran cativos de guerra, que se ofrecían a este Deus nun acto soamente relixioso, queimándoo xunto a tódolos botíns de guerra que obtiveran na batalla.
Teutates foi venerado especialmente na Galia e na Bretaña romana. A el se lle alzaron altares de pedra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.