From Wikipedia, the free encyclopedia
Un sacrificio humano é a oferta dun ser humano a unha divindade en homenaxe ou expiación. Nun sentido amplo, é toda morte ritual dunha ou varias persoas nas mans dun terceiro ou unha institución nun contexto relixioso.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Os sacrificios humanos foron practicados en moitas culturas antigas en todo o planeta con diversos roles, desde o de agradar aos deuses ata o de adiviñar o futuro. Así mesmo o sacrificio humano serviu como propaganda entre relixións: xa na Biblia demonizaron as relixións veciñas e logo os membros da igrexa católica lexitimaron a evanxelización forzosa da Europa báltica, acusándoos de sacrificios humanos sen probas. Incluso actualmente as igrexas protestantes fan o mesmo para obter adeptos na India e África atacando as súas relixións tradicionais [Cómpre referencia].
Quedou constancia de sacrificios humanos tanto en fontes arqueolóxicas coma literarias en toda Europa, desde os celtas ata os romanos ao longo da súa historia. Os chamados corpos das turbeiras son sacrificios humanos da Idade de Bronce executados de diversas formas que debían estar relacionados cun culto inherente a unha divindade en concreto. Antes da república romana adoitábanse efectuar sacrificios humanos: aínda que as súas fontes literarias silenciaron este feito ou o esqueceron, atopáronse restos de sacrificios nos cementos de varios edificios en Roma. No "Comentario á guerra das Galias" Xulio César afirmou que os galos adoitaban sacrificar humanos aos seus deuses e nos xacigos arqueolóxicos atopáronse evidencias destas prácticas culturais en lugares sagrados. Entre os xermanos adoitábanse ofrecer sacrificios humanos pedindo éxito nas guerras así como obter boas colleitas, este costume mantívose até a cristianización da Europa do Leste polas tropas de Carlomagno, así como os misioneiros medievais e bautismos dos líderes eslavos ao longo da Idade Media.
Nos "Anais" de Tácito este autor afirma que os lusitanos e galaicos facían sacrificios humanos antes da guerra como oráculos. Segundo algúns etnógrafos certas supersticións galegas, como ofrecer pan aos ríos e ó mar ou matar unha galiña para soterrala nos cementos dunha casa nova, son tradicións provenientes de sacrificios humanos.
Na Idade Media seguíronse a efectuar sacrificos humanos na zona de influencia viquinga. Segundo Saxo Grammaticus, facíanse sacrificios humanos aos deuses unha vez cada catro anos.
En Exipto e Mesopotamia atopáronse restos de sacrificios humanos nas tumbas dalgunhas autoridades, en concreto nas tumbas reais de Ur, mentres que en Exipto se atoparon evidencias de tumbas faraónicas con sacrificios humanos de concubinas e funcionarios, na Dinastía XVIII. A Biblia menciona, aínda que non hai probas, que os cananitas e fenicios facían sacrificios humanos de nenos e algúns arqueólogos aceptaron este feito e mencionan o caso do Tofet de Cartago no que apareceu unha necrópole con restos de nenos sen saber se son sacrificios ou simples tumbas, xa que hai que ter en conta que os escribas xudeus falaban pexorativamente da relixión politeísta dos seus veciños cos que estaban en conflito.
Na China houbo sacrificos humanos para acompañar o emperador na súa tumba, incluso na tumba da emperatriz xeneral Fu Hao (1200 a.C.) atopáronse restos de sacrificios humanos.
No Xapón adoitaban sacrificarse voluntariamente samurais para soterralos vivos debaixo de construcións públicas, desde castelos ata diques e pontes para aplacar os deuses.
Na India chegou a estar ben visto que as viúvas se suicidasen na pira funeraria do seu marido e na prensa sensacionalista afírmase que aínda se segue a facer coas mulleres drogadas [Cómpre referencia] ou no culto á deusa Cali.
Déronse casos de sacrifios humanos en toda América, desde Texas ata o Perú, desde pequenas tribos que sacrificaban persoas para coidar as súas colleitas ata as avanzadas civilizacións do sur, desde olmecas, teotihuacanos, maias, aztecas e incas, como se a influencia cultural das primeiras civilizacións alcanzase ata as derradeiras culturas prehispánicas ata a conquista de América polos europeos no século XV.
Os primeiros datos sobre sacrificos huamnos aparecen nas civilizacións teotihuacán e maia, neles sacrificaban prisioneiros de guerra e nenos arrincándolles o corazón, escenas de sacrifico apareceron en estatuas e na cerámica. Os aztecas ou mexicas foron os que levaron a fama dado que os seus costumes foron observados polos conquistadores españois na Idade Media, con sacrificios de tribos vasalas onde eran ofrecidos a diferentes deuses en diferentes execucións, dende mulleres ou nenos ata prisioneiros e escravos. En Suramérica tamén houbo sacrificios, entre os mochicas había de dous tipos, mediante sacrificio e por combate ritual. Ata hai pouco non se sabía con certeza pero finalmente descubriuse que os incas tamén sacrificaban, se ben dunha forma máis sutil e ofrecendo nenos ou adolescentes da nobreza que eran drogados antes de morreren. En Norteamérica algunhas tribos indias parcticaron o sacrificio de homes durante épocas de fame ou para promover as súas colleitas.
Nas illas de Oceanía existiu o sacrificio humano para agradar aos deuses, desde o sacrificio sanguento ata precipitar mulleres nos volcáns, pasando pola cacería de cabezas dos daiaks de Malaisia. Este costume adoitaba ir acompañado do canibalismo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.