Pico Aneto
cume máis alto dos Pireneos / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aneto é a montaña máis elevada dos Pireneos, cunha altitude de 3404 metros sobre o nivel do mar, a segunda da Península Ibérica e a terceira de España.[4][5] Forma parte do macizo da Maladeta e, situado na zona do val de Benasque, está constituído por terreos paleozoicos de natureza granítica e materiais mesozoicos.
Aneto | |
---|---|
Vista dende Salvaguardia cara ao Macizo da Maladeta, dende a entrada ó val por Francia, onde La Maladeta vela a maior altura do Aneto e o seu glaciar. | |
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Pireneos |
Serra | Macizo da Maladeta |
Localización administrativa | |
Localización | España |
Características xerais | |
Altitude | 3.404 [1] m |
Prominencia | 2812 m ↓ sobre o Alto de Dima (277,1 km dirección O) [2] [3] |
Cume veciño máis alto | Roche de la Muzelle (3465 m) [2] [3] |
Illamento topográfico | 507,1 km dirección ENE [3] |
Montañismo | |
Primeira ascensión | 20 de xullo de 1842, por Platon de Tchihatcheff e Albert de Franqueville |
Ruta máis fácil | Norte, polo glaciar dende La Renclusa |
Atópase situado no Parque Natural Posets-Maladeta, no municipio de Benasque, provincia de Huesca, comunidade autónoma de Aragón, en España. No seu cara norte, a partir dos 2.810 m aproximadamente, reside o maior glaciar dos Pireneos, cunhas 100 ha de superficie. Está, do mesmo xeito que moitos no mundo, en franca regresión como consecuencia do cambio climático. Calcúlase que nos últimos 100 anos perdeu máis da metade da súa superficie, e que en 30 ou 40 anos pode chegar a desaparecer.[6]