Hectárea
unidade de medida de superficie / From Wikipedia, the free encyclopedia
A hectárea (símbolo ha) ou hectómetro cadrado (símbolo hm²) é a superficie que ocupa un cadrado dun hectómetro de lado. Equivale a 100 áreas ou 10.000 m².
O seu símbolo é ha (non Ha, e como todo símbolo, nunca leva punto).
Utilízase para medir a superficie dunha leira e outros terreos menores en extensión que unha cidade.