![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/14/Gravity_anomalies_on_Earth.jpg/640px-Gravity_anomalies_on_Earth.jpg&w=640&q=50)
Nivel medio do mar
altitude media da superficie do mar en relación a unha superficie terrestre de referencia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nivel medio do mar (por veces abreviado como nivel do mar) é a altitude media da superficie do mar medida en relación a unha superficie terrestre de referencia. O nivel medio do mar é á súa vez utilizado como punto de referencia a partir do cal se miden as altitudes dos accidentes topográficos e se marcan as curvas de nivel e as altitudes nos mapas e cartas mariñas. Un concepto relacionado é o de cero hidrográfico, en xeral utilizado en hidrografía costeira e na medición de profundidades de portos e barras. Na maior parte dos casos faise coincidir o cero hidrográfico co nivel medio do mar ou ten con el unha relación simple e constante.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/14/Gravity_anomalies_on_Earth.jpg/320px-Gravity_anomalies_on_Earth.jpg)