![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/18/Flag_of_Aragon.svg/langgl-640px-Flag_of_Aragon.svg.png&w=640&q=50)
Aragón
comunidade autónoma de España / From Wikipedia, the free encyclopedia
Aragón (en aragonés e castelán: Aragón, en catalán: Aragó) é unha comunidade autónoma con estatuto de "nacionalidade histórica" situada no norte de España, resultante do reino histórico do mesmo nome, que abrangue o tramo central do val do Ebro, os Pireneos centrais e as Serras Ibéricas. Limita ao norte con Francia, ao oeste con Navarra, A Rioxa e Castela e León (provincia de Soria), ao sur con Castela-A Mancha (provincias de Guadalaxara e Cuenca) e a Comunidade Valenciana (provincias de Castelló e Valencia) e ao leste con Cataluña (provincias de Lleida e Tarragona).
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Himno | Himno de Aragón (21 de abril de 1989) ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España ![]() | ||||
Capital | Zaragoza ![]() | ||||
Comarca | 33 | ||||
Municipio | 731 | ||||
Provincia | 3 ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.324.397 (2019) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua castelá Lingua aragonesa lingua catalá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 47.719 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Pico Aneto (3.404 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Santo padrón | Xurxo de Capadocia e Nosa Señora do Pilar ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Deputación Xeral de Aragón ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Jorge Azcón (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Cortes de Aragón , (Escano: 67) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-AR ![]() | ||||
Código NUTS | ES24 ![]() | ||||
Páxina web | aragon.es ![]() | ||||
![]() |
O Reino de Aragón, canda o Condado de Barcelona, o Reino de Valencia e o Reino de Mallorca, formaron a histórica Coroa de Aragón; e foi un dos reinos que formaron o Reino de España. Dende 1978 é unha comunidade autónoma española, composta polas provincias de Huesca, Teruel e Zaragoza, e que se articulan en 32 comarcas e 1 delimitación comarcal. A capitalidade reside na cidade de Zaragoza, que concentra a metade da poboación da comunidade. O 23 de abril celébrase a festividade de San Xurxo, día de Aragón.
En Aragón fálanse variedades lingüísticas clasificadas dentro de tres idiomas: o castelán, única lingua oficial e maioritaria; o aragonés, lingua orixinal e histórica falada actualmente no norte da comunidade; e o catalán, falada na franxa oriental.