![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/00/Carcassonne_a%25C3%25A9roport%252C_panneau_Occitanie-La_R%25C3%25A9gion.jpg/640px-Carcassonne_a%25C3%25A9roport%252C_panneau_Occitanie-La_R%25C3%25A9gion.jpg&w=640&q=50)
Occitania (rexión administrativa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Occitania (en francés: Occitanie, en occitano: Occitània, en catalán: Occitània)[1] é unha das 13 rexións que, xunto cos territorios de Ultramar, conforman a República Francesa. A súa capital e cidade máis poboada é Tolosa, mentres que a segunda cidade máis poboada da rexión, Montpellier, retén varias administracións.
Occitanie (fr) La Région Occitanie / Pyrénées-Méditerranée (fr) Occitània (oc) ![]() | |||||
Alcume | Pyrénées-Méditerranée ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana ![]() | ||||
Capital | Tolosa ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.022.176 (2021) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua francesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 72.724 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Viñamala (3.299 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Carole Delga (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FR-OCC ![]() | ||||
Código NUTS | FRJ ![]() | ||||
INSEE region code (en) ![]() | 76 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Prefectura de Kyoto (2015–) ![]() | ||||
Páxina web | laregion.fr ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
No 2015 tiña 5 774 185 de habitantes e unha superficie de 72 724 km², sendo a segunda rexión máis extensa, por detrás de Nova Aquitania. Está localizada ó sueste do país, limitando ó norte con Auvernia-Ródano-Alpes, ó nordeste con Provenza-Alpes-Costa Azul, ó leste co golfo de León (mar Mediterráneo), ó sur con Andorra e España e ó oeste con Nova Aquitania.
Foi creada pola reforma territorial de 2014 coa fusión das anteriores rexións de Languedoc-Rosellón e Mediodía-Pireneos e entrou en vigor o 1 de xaneiro do 2016.
Está dividida en 13 departamentos: Alta Garona, Altos Pireneos, Ariège, Aude, Aveyron, Gard, Gers, Hérault, Lot, Lozère, Pireneos Orientais, Tarn e Tarn e Garona.