From Wikipedia, the free encyclopedia
A peste bubónica é un dos tres tipos da infección bacteriana causada pola bacteria Yersinia pestis. Entre tres e sete días após a exposición ás bacterias, desenvólvense os síntomas, semellantes ós da gripe. Estes inclúen febre, dores de cabeza, e vómito.[1] A inchazón dolorosa dos ganglios linfáticos prodúcese na área máis achegada a onde as bacterias se introduciron na pel.[2] De xeito ocasional, os ganglios inflamados poden abrirse.[1]
Peste bubónica | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Un bubón na coxa superior dunha persoa infectada pola peste bubónica. | |
ICD-10 | A20.0 |
ICD-9 | 020.0 |
DiseasesDB | 14226 |
MedlinePlus | 000596 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Os tres tipos de praga son o resultado das vías de infección: peste bubónica, peste septicémica e peste pulmonar. A peste bubónica propágase principalmente por pulgas infectadas que habitan en animais pequenos.[1] Tamén se pode propagar mediante a exposición ós fluídos corporais dun animal infectado con peste.[3] Na forma de peste bubónica, as bacterias entran pola pel por mor da trabada das pulgas que viaxan a través dos vasos linfáticos até o ganglio, facendo que esta trabada inche. O diagnóstico realízase atopando as bacterias no sangue, esputo ou líquido dos ganglios linfáticos.[1]
A prevención dáse a través de medidas de saúde pública, por exemplo: a través do manexo de animais mortos en áreas onde a peste é unha doenza común. Para este padecemento non se atoparon vacinas útiles para a súa prevención.[1] Existen varios antibióticos que son eficaces para o tratamento, nos que se inclúen a estreptomicina, xentamicina e doxiciclina.[4][5] Se non se trata a doenza, a taxa de mortalidade rolda entre un 30% a un 90% do total dos infectados.[1][4] A morte, se é que esta sucede dáse arredor dos dez días.[6] Co tratamento axeitado a porcentaxe de risco de morte é dun 10%.[4] En todo o mundo rexístranse uns 650 casos documentados ó ano, que resultan nunhas 120 mortes.[1] Esta doenza é moito máis común en África.[1]
Crese que a peste é a causa da morte negra que se propagou en Asia, Europa e África no século XIV e que matou a uns 50 millóns de persoas.[1] Representou entre o 25% e o 60% da poboación europea.[1][7] Por mor de que a peste matou a unha gran poboación da clase obreira, os salarios aumentaron pola demanda de man de obra. Algúns historiadores clasifican esta época como un punto de inflexión no desenvolvemento económico europeo.[7] O termo “peste bubónica” deriva do grego “βουβών” que quere dicir ingua.[8] O termo “bubóns” tamén se emprega para referirse ós ganglios linfáticos inflamados.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.