futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedro Rodríguez Ledesma, máis coñecido como Pedro ou Pedrito, nado en Santa Cruz de Tenerife o 28 de xullo de 1987, é un futbolista canario. Xoga de dianteiro para a SS Lazio da Serie A italiana. É o único xogador da historia do fútbol que conseguiu marcar polo menos un gol nas seis competicións oficiais de clubs durante unha mesma tempada: Liga, Copa do Rei, Supercopa de España, Liga de Campións, Supercopa de Europa e Copa Mundial de Clubs durante o ano 2009. Este logro alcanzouno o 16 de decembro de 2009 ao marcar un dos goles do seu equipo no Mundial de Clubs de Abu Dabi durante a semifinal contra o Atlante de México, e na final contra o Estudiantes LP da Arxentina, gol que serviu para provocar a prórroga do partido, no minuto 89.[1]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2014) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (es) Pedro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | (es) Pedro Eliezer Rodríguez Ledesma 28 de xullo de 1987 (37 anos) Santa Cruz de Tenerife, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 169 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 62 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2005 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Terceira División Española, Segunda Federación, Primeira División Española, Premier League e Lega Calcio Serie A | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 9 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2016 | Eurocopa de Fútbol Francia 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 2013 | Copa Confederacións Brasil 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 | Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[2]
Naceu en Santa Cruz de Tenerife. Coñecido nos seus inicios co alcume de Pedrito, formouse nas categorías inferiores do CD San Isidro. A tempada 2003-04 empezou a destacar co equipo xuvenil, anotando 24 goles na liga da categoría. Ese mesmo ano chegou a debutar co primeiro equipo en Terceira División, a pesar de ter só 16 anos. Ao termo da tempada, en agosto de 2004, e tras participar no Torneo Xuvenil de Adeje, foi descuberto polos observadores do FC Barcelona, que decidiron incorporalo aos xuvenís do club azulgrana.[3]
Co equipo xuvenil do FC Barcelona foi campión de liga na tempada 2006-07 e de Copa en 2007 -anotando un gol na final-. Tras pasar polo desaparecido Barcelona C, e tras a desaparición deste, na tempada 2007-08 saltou ao Barcelona B, ás ordes de Pep Guardiola, onde logrou o campionato de Terceira División e o ascenso de categoría. A súa chegada ao segundo equipo foi avalada polo propio Guardiola e Juan Carlos Pérez Rojo, o seu adestrador en xuvenís, cando parecía que o seu futuro era irse cedido ao Racing Club Portuense.
O seu debut co primeiro equipo do Barcelona foi o 11 de setembro de 2007, con motivo da final da Copa Catalunya, na que os azulgrana caeron ante o Gimnàstic de Tarragona.[4]
O 12 de xaneiro de 2008 entrou na convocatoria do FC Barcelona - Real Murcia, tras unha lesión de última hora de Santiago Ezquerro,[5] e ese mesmo día debutou en Primeira División, substituíndo a Samuel Eto'o nos tres últimos minutos do partido, cando os azulgrana dominaban por catro goles a cero.
A tempada 2008-09 o novo técnico, Pep Guardiola, convocoulle para realizar a pretemporada co primeiro equipo en terras escocesas,[6] onde logrou o seu primeiro gol coa camiseta azulgrana, nun encontro amigable[7] A partir do stage en Escocia o club cambioulle o seu diminutivo "Pedrito" polo seu nome "Pedro" na serigrafía das camisetas.
Pouco despois, o día 13 de agosto de 2008, debutou como titular nun encontro da eliminatoria previa da Liga de Campións da UEFA, contra o Wisła Cracovia.
Esa tempada xogaríaa dacabalo entre o primeiro equipo, onde tivo 13 aparicións, e o Barça Atlètic en Segunda B, onde foi un dos xogadores máis importantes para o adestrador Luís Enrique, con 27 aparicións.
Foi convocado para a final da Liga de Campións da UEFA disputada en Roma entre o FC Barcelona e o Manchester United. Substituíu a Andrés Iniesta no 92 xogando así os últimos minutos do tempo de desconto.
O 16 de agosto de 2009 anotou o seu primeiro gol oficial coa camiseta do primeiro equipo, convertendo o segundo gol do Barça na ida da Supercopa de España, fronte ao Athletic de Bilbao en San Mamés, finalizando o partido co resultado de 1-2.[8] Esa mesma semana asinou o seu primeiro contrato profesional que lle vinculaba ao primeiro equipo blaugrana ata xuño de 2014 e cunha cláusula de rescisión de 75 millóns de euros.[9]
O 29 de agosto de 2009, no minuto 26 do segundo tempo extra (116 tempo corrido) anotou o gol, a pase de Messi, que lle deu o título de campión da Supercopa de Europa ao FC Barcelona.
O 29 de setembro de 2009 anotou o seu primeiro gol en Liga de Campións no minuto 76 ante o FK Dynamo Kyiv, o cal deulle a vitoria ao FC Barcelona por 2-0.
O 19 de decembro de 2009 contribuíu na vitoria do Barça ao lograr o empate no minuto 89 ante Estudantes de La Plata na final da Copa Mundial de Clubs da FIFA realizada en Abu Dabi, a que gañaría o equipo blaugrana no tempo extra grazas a un gol co peito de Lionel Messi.
O 20 de maio de 2010 Pedro foi convocado por primeira vez para a selección absoluta por Vicente del Bosque, para representar a España no Mundial de Suráfrica de 2010.[10]
Debutou coa selección o 29 de maio de 2010 fronte a Arabia Saudita nun partido amigable de preparación de face ao Mundial 2010 que finalizou coa vitoria de España por 3-2[11], e conseguiu o seu primeiro gol como internacional noutro amigable preparatorio para o mundial surafricano disputado contra Polonia, o 8 de xuño de 2010 na Nueva Condomina de Murcia, un tanto que significou o 6 a 0 na vitoria da selección española fronte aos polacos[12].
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.
Club | País | Ano |
---|---|---|
CD San Isidro | España | 2003-2004 |
FC Barcelona Xuvenil A | España | 2004-2006 |
FC Barcelona C | España | 2006-2007 |
FC Barcelona B | España | 2007-2009 |
FC Barcelona | España | 2008-2015 |
Chelsea FC | Inglaterra | 2015- |
Actualizado a 15 de maio de 2010.
Club | Tempada | Liga | Copa do Rei | Comp. Europea | Outras | Total | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | ||
Barcelona B | 2006–07 | 1 | 0 | - | - | - | - | - | - | 1 | 0 |
2007–08 | 37 | 7 | - | - | - | - | - | - | 37 | 7 | |
2008–09 | 17 | 10 | - | - | - | - | - | - | 17 | 10 | |
Total | 55 | 17 | - | - | - | - | - | - | 55 | 17 | |
Barcelona | 2007–08 | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | - | - | 2 | 0 |
2008–09 | 6 | 0 | 3 | 0 | 5 | 0 | - | - | 14 | 0 | |
2009-10 | 34 | 12 | 4 | 3 | 9 | 4 | 5 | 4 | 49 | 22 | |
Total | 40 | 12 | 7 | 3 | 14 | 4 | 5 | 4 | 65 | 22 | |
Total Carreira | 95 | 28 | 7 | 3 | 14 | 4 | 5 | 4 | 121 | 39 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.