fotógrafo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedro Inocencio Vicente Ferrer Sans, nado na Coruña o 5 de abril de 1870 e finado na mesma cidade o 9 de xuño de 1939, foi un comerciante, impresor, editor e fotógrafo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1870 A Coruña, España |
Morte | 9 de xuño de 1939 (69 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo, impresor, editor, comerciante |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Galega Universal Diccionario enciclopédico galego universal Dicionario biográfico de Galicia |
Pedro foi o menor dos tres fillos do catalán, natural da comarca de Anoia, Francisco Ferrer Puigdengolas e da coruñesa Niceta Sans Samá, tamén de orixe catalá. A familia dedicábase ao comercio de papel e coa morte do pai o 19 de xaneiro de 1872 ocuparon a dirección a súa nai e o seu irmán máis vello, Francisco Ferrer Sans (Paco), que en 1883 incorporan os servizos de impresión.[1] Paco finou o 6 de outubro de 1884.[2] Pedro fíxose cargo dos negocios familiares e viaxou a canda á súa familia catalá á Exposición Universal de Barcelona de 1888, na que participaba o seu primo Ramon Romaní i Puigdengolas, data na que comeza a tirar fotografías. En 1894 xa ofrecía os seus servizos como fotógrafo no comercio familiar da rúa Real 61, nun edificio de catro plantas onde tamén se situaba o domicilio familiar. Destacan as súas fotografías sobre a vida cotiá da cidade, que apareceron na serie Por las calles. En 1901 comezou a publicación de Portfolio de Galicia, que continuou ata 1912. Editou Vistas de La Coruña e Porfolio de Galicia, fascículos publicados entre 1902 e 1904.[3]
Tamén foi considerado un dos primeiros empresarios discográficos de Galicia, producindo os primeiros discos de música galega.[3][4] Foi socio do Círculo de Artesáns, do Sporting Casino e do Real Club Náutico da Coruña.
Na década de 1930 a súa actividade foi diminuíndo e faleceu por mor dun derramo cerebral en 1939. Foi enterrado no cemiterio de Santo Amaro.[5]
A súa obra difundíronse na I Fotobienal, celebrada en Vigo en 1984[6][7][8] e apareceu publicada no libro As imaxes do traxe en Galicia en 1992.[9]
Pedro Ferrer casou o 5 de febreiro de 1898 con María Josefa Carreras-Presas Mariñas, coa que tivo sete fillos (dous homes e cinco mulleres).
En 2007 o concello da Coruña dedicoulle unha rúa.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.