From Wikipedia, the free encyclopedia
A pechblenda é unha variedade masiva e probablemente impura de uraninita.[1] Recibe o seu nome segundo o alemán Pechblende (Pech = brea; blenden = lucir, brillar, cegar), que fai referencia ao aspecto do mineral.
A pechblenda ás veces pode ser de cor verde ou pardo; adoita ser botroidal banderada. Pertence á variedade das masivas. A perchblenda ten un po amarelo que é moi radioactivo e que se debe ter en conta xa que se desprende facilmente. Se non hai luz ou é de noite vense saír luces amarelas ou brancas pequenas, saíndo do mineral de uraninita, que son partículas inestables do mineral, xa que a uraninita non ten moléculas estables e isto é o que a fai tan radioactiva. Por tanto as moléculas de uranio radioactivas, saen despedidas en varias direccións sen ningunha orde, atravesando calquera cousa a excepción do chumbo e espesas paredes de cemento. Despois de 24 000 anos, o mineral acábase por desintegrar e queda un po negro ou gris que aínda pode ser lixeiramente radioactivo. Na natureza pode estar en forma de po ou de pedras secundarias de uranio, tipo monacita, xenotima, fergunsonita, samarskita, columbita, pirocloro e outros minerais continentes como radio e tántalo, niobio e manganeso. Tamén en forma de mineral de galena, que é chumbo. Na natureza non se atopa só en xacementos de uraninita, senón que tamén nos de cobre, chumbo, óxidos de uranio, arenito, ferro ou granito. Até se atopou perchblenda con turquesa ou outros minerais raros de atopar en minas de uranio.
Atópase en granitos, sienitas, pegmatitas e en filóns hidrotermales de sulfuros. Tamén se atopa en arenitos alterados e en fluídos ricos en uranio e vanadio, e en conglomerados antigos
Fórmula química: UO2
Densidade: 6,5 - 10,95 g/ml (8,72 g/ml de media)
Dureza na escala de Mohs: 5 - 6
Cor: Pardo verdoso
Cor da raia en placa de porcelana: pardo - negro
Opacidade: opaco
Propiedades clave : mineral moi radioactivo
Forma cristalina: cúbico; ás veces amorfo ou granulado
Hai depósitos importantes en Jachymov (República Checa), Kasolo (República Democrática do Congo) e no Canadá. Existen tamén depósitos sedimentarios en Witwatersrand (Suráfrica), Elliot Lake e Ontario (Canadá), tamén nalgúns lugares de España e Rusia.
É altamente radioactiva; por iso debe ser manipulada con luvas, máscara para non respirar o po que desprende o mineral e que pode causar cancro, e unha caixa de chumbo onde gardar o mineral, xa que os minerais de uranio emiten radiación constantemente. O chumbo detén en parte a radiación (nunca se elimina, soamente se atenúa, xa que a transmisión de radiación é un fenómeno probabilístico).
A pechblenda é un dos principais minerais de uranio. Con ela descubriu a radioactividade o físico francés Henri Becquerel, en 1896. Logo Marie Curie descubriu nela o radio como un dos produtos da degradación radioactiva do uranio (para obter un decigramo de radio foron necesarias varias toneladas de pechblenda, dentro da investigación de Curie). Tempo despois en 1898 o matrimonio Curie (Marie Curie e Pierre Curie) descubriu o Polonio (nomeado así en honra á terra natal de Marie) tras eliminar o Radio e o Uranio da pechblenda, volveuse mesmo máis radioactiva que con estes dous elementos, e unha vez separado con Bismuto queda o Polonio.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.