partido político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partido Galeguista Nacionalista foi un partido nacionalista galego creado en 1984.
Partido Galeguista Nacionalista | |
---|---|
Partido político de Galiza | |
Historia | |
Fundación | 1984 1 |
Disolución | 1988 2 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego |
1 Escisión do Partido Galeguista. 2 Unión co Partido Nacionalista Galego para crear o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista. | |
Trala decisión do Partido Galeguista de se integrar en Coalición Galega, en 1984, un grupo de 50 militantes liderados por Ramón Martínez López e Manuel Beiras desconformes coa decisión decidiron organizar un novo partido galeguista.
Non participaron nas eleccións do Parlamento de Galicia de 1985 nin ás estatais de España de 1986; mais nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 1987 concorreron en coalición co Partido Nacionalista Vasco, na Unión Europeísta[1], onde obtiveron 5.322 votos en Galiza (0,43% dos votos nacionais).
En 1988, esta forza política, únese ao PNG para formar o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.