Ramón Martínez López

filólogo e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Ramón Martínez López

Ramón Martínez López, nado en Boiro o 4 de abril de 1907 e finado en Pontevedra o 12 de setembro de 1989, foi un filólogo e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ramón Martínez López
Thumb
Biografía
Nacemento4 de abril de 1907
Boiro, España
Morte12 de setembro de 1989 (82 anos)
Pontevedra, España
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónfilólogo, político
Membro de
Xénero artísticoensaio
Premios

Pechar

Traxectoria

Como estudante, participou na creación en 1923 do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou en El Compostelano con artigos en galego e unha serie titulada Lambizos asinada co pseudónimo Xan do Cotón. Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1927 e en Filosofía e Letras pola mesma universidade en 1929, comezou a traballar como profesor de secundaria de latín e lingua e literatura española en Eivisa, Vigo e Lugo. En 1931 estivo entre os fundadores do Partido Galeguista. Foi retratado por varios dos renovadores, como Carlos Maside e Luís Seoane.[1]

Gañou en 1933 unha praza de profesor no Instituto español de Lisboa e, posteriormente, conseguiu a praza de profesor de literatura comparada na Universidade de Lisboa. En 1934 recibiu unha bolsa de investigación do goberno francés, e mudouse a París e en 1935 encargouse da organización do Salón do Libro Español.

En 1936 doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid e accedeu aos postos de agregado cultural nas embaixadas españolas de Portugal e Francia durante a Guerra Civil española, como parte leal ao goberno democrático da Segunda República. Tamén estivo dando clase durante tres meses na Universidade de Alxer e logo loitou na fronte, pero coa derrota republicana marchou ao exilio en Francia, onde estivo nun campo de refuxiados, e logo á Arxentina, arribando a Buenos Aires no vapor Massilia o 5 de novembro de 1939.[2]

Comezou a investigar no instituto filolóxico de Buenos Aires, baixo a dirección de Amado Alonso e en 1940 accede ao departamento de Linguas Románicas da Universidade de Austin, en Texas, onde realizará o seu labor de pescuda e docencia ata a súa xubilación en 1971. En 1950 consegue a cidadanía estadounidense e en 1959 a praza de profesor. Traballou como profesor visitante na Universidade do Novo México e nas de Wisconsin, Porto Rico, Denver e Middlebury.

Thumb
A Grande e General Historia, na súa versión galega do s. XIV, foi editada por Martínez López.

Os seus temas de investigación principais foron a literatura medieval en galego, e a el débense as edicións críticas modernas das Cantigas de Santa María, de Afonso X e da General Estoria, do mesmo autor. Traballou tamén outros campos da poesía medieval e contemporánea española (Antonio Machado) e da literatura portuguesa (Teixeira de Pascoaes, entre outros), e publicou distintos estudos e artigos sobre literatura galega, tanto en galego como en inglés.

En 1971 regresou a Galicia despois da xubilación, e contribuíu na reorganización do galeguismo. Coa chegada da democracia recuperou as súas acreditacións como profesor de secundaria e foi reposto. En 1976 ingresou como membro de número da Real Academia Galega coa lectura do discurso Contribucións norteamericás á historia da cultura medieval galega[3], respondido por Isidoro Millán González-Pardo. En 1984, data da súa instauración, recibiu a Medalla Castelao.

Obra

  • A literatura galega no exilio (1987)
  • General Estoria. Versión gallega del siglo XIV. Oviedo, (1963).

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.