Os Freires, Ortigueira
parroquia civil do concello de Ortigueira From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Ortigueira From Wikipedia, the free encyclopedia
San Paulo dos Freires é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 94 habitantes (46 mulleres e 48 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 135 habitantes.
Os Freires | |
---|---|
Igrexa de San Paulo dos Freires. | |
Concello | Ortigueira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°38′58″N 7°50′22″O |
Área | 4,08 km² |
Poboación | 55 hab. (2017) |
Densidade | 13,48 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situada na beira dereita do río Maior na aba oeste do pico de Rodela, onde nace o rego San Paio que baixa en dirección noroeste formando un fértil val que hoxe está poboado de eucaliptos. Limita ao norte coa parroquia de Cuíña, ao leste Devesos até o coto de Rodela; polo sur limita tamén coa mesma parroquia separada polo rego do Lombao e coa parroquia de Senra polo rego de Picheiras, e finalmente polo oeste linda con Senra dende a desembocadura do Picheiras no Maior, até o lugar de Ferreiroas. A estrada AC-101 que une Ortigueira coas Pontes cruza a parroquia dende o anterior lugar de Ferreiroas até Rodela.
A igrexa parroquial de San Paulo queda hoxe acochada entre eucaliptos no val que forma o rego San Paio e á que se accede por unha pista que sae pola esquerda da AC-101 un pouco máis arriba do lugar de Ferreiroas. É unha construción antiga dunha soa nave cun pequeno retablo e un campanario de espadana feita ao igual que o cemiterio que ten ao seu carón, sobre un primitivo mosteiro da idade media. A igrexa actual está consagrada a San Paulo, se ben documentos da Colección Diplomática do mosteiro de San Martiño de Xuvia amosan que antes estaba adicada a San Paio.
O Museo Etnográfico de Meixidoacolle máis de 3000 obxectos antigos recollidos por Narciso Luaces Pardo[2].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.