Oriol Junqueras
político catalán / From Wikipedia, the free encyclopedia
Oriol Junqueras i Vies, nado en Barcelona o 11 de abril de 1969, é un historiador e político catalán, Vicepresidente e titular do Departamento de Economía e Facenda da Generalitat de Cataluña dende 2016 ata o seu cesamento no cargo o 21 de outubro de 2017.[1] De acordo co goberno español, o seu cargo quedou suspendido coa aplicación do artigo 155 da Constitución.[2]
Foi alcalde de Sant Vicenç dels Horts (2011-2015), foi deputado no Parlamento de Cataluña dende 2012, e presidente de Esquerra Republicana de Catalunya dende 2011. Foi líder da oposición no Parlamento de Cataluña (2013-2016).
O 2 de novembro de 2017 foi encarcerado de maneira preventiva na prisión de Estremera acusado de sedición e rebelión.[3] En xaneiro de 2018, o Tribunal Supremo español confirmou a súa prisión preventiva por unanimidade considerando que hai "risco relevante" de reiteración delictiva porque "non ten a intención de abandonar" a vía seguida até agora.[3] O 4 de xullo de 2018 foi trasladado ó Centro Penitenciario Lledoners, onde estivo preso até o 1 de febreiro de 2019, cando foi trasladado ó cárcere de Soto del Real á espera do xuízo,[4] o cal acabou nunha sentenza condenatoria de 13 anos de cárcere e 13 de inhabilitación absoluta, polos delitos de sedición e malversación.[5]